Os nenos da Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas pasárono fenomenal con “Contos para todos”
Esta actividade, que xiraba arredor dun relato oral dun conto, contaba coa axuda da maxia e os títeres para engailar a todos os nenos presentes, que quedaron abraiados coa aparición nun libro en branco, dos debuxos e as historias. Nesta actividade, que tivo lugar o día 30 de maio, participaron máis de 25 nenos.
O día 23 de maio, os nenos e nenas de Ponteareas puideron gozar dunha nova sesión de contacontos, titulada “Violeta, a carteira bolboreta”, dentro das actividades de animación á lectura programadas pola Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, e dentro do programa LER CONTA MOITO, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, para as Bibliotecas pertencentes á Rede de Bibliotecas de Galicia.
A actividade “Violeta a carteira bolboreta” consistiu nunha exposición oral dun conto e, ao mesmo tempo, o ilustrador ía debuxando un mural sobre o conto e os protagonistas. Ao final os nenos aprenderon a facer o debuxo dun personaxe do conto. Asistiron aproximadamente 30 nenos, con algúns pais e nais, que o pasaron fenomenal.
Mira como cho conto!! a cargo de Xanela Ocio e animación
9 de maio, ás 18:00 h, na Axencia de Lectura Municipal de San Vicente
Mira como cho conto!! trataba de ilustrar un conto ao mesmo tempo que se estaba a escoitar, para facerse unha idea máis ampla do que estaba a ocorrer.
Os contos foron os seguintes:
Como era a primeira vez que faciamos unha actividade de contacontos nesta biblioteca, o público foi un pouco tímido ao principio, pero enseguida comezaron a entrar, non só nenos e nenas, se non tamén adultos.
Os contos engatusaron aos asistentes e os contadores interactuaron co público, facendo que grandes e pequenos debuxaran, interviñeran e contribuíran ao desenvolvemento da actividade, conseguindo a súa implicación e mantendo en todo momento a súa atención.
O venres 24 de maio visitou á sección infantil da nosa biblioteca PABLÍSIMO cos seus Contos de Sobremesa. Espectáculo de narración oral, onde desfilaron innumerables historias,contos,personaxes,bonecos enriba dunhas mesiñas. Os nenos e nenas que asistiron á biblioteca disfrutaron moito do espectáculo , sobre todo os máis pequenos. Os nenos/as participaron de forma activa do espectáculo e pasaron unha tarde moi divertida.
Valga celebrou o Día do Libro co obradoiro creativo de Expresións Producións: Dende o Punto ó Infinito, taller de expresión corporal e plástica con dramatización de contos, todo iso acompañado de diversión e traballo en equipo.
Na biblioteca os nenos fixeron unha representación cos personaxes creados no obradoiro.
O día 17, o Auditorio de Cordeiro encheuse de ratos cando o Grupo Trinketrinke desembarcou procedente de Lonxedetodo, para falarnos de que alí non existe a exclusión social.
” Somos diferentes, somos iguais”, actividade de promoción á lectura realizada por unha actriz, que nos fixo gozar nunha tarde repleta de contos poesías e cancións.
O día 28 de abril o autor Miro Villar estivo con nós, no Auditorio Municipal ao lado da biblioteca, para facernos unha narración, para primeiros lectores, baseada nas súas obras : Carlota a marmota, A cobiza do verme Noel e Rebelión na charca.
A este contacontos asistiron uns 30 nenos na compaña dos seus pais.


Séguenos