Ler para crer na Biblioteca Maria Pita de Cambre

No día de hoxe Joshua Kenneth presentou un espectáculo de ilusionismo e maxia na biblioteca coa participación de nais e pais no que todos quedamos abraiados.

No día de hoxe Joshua Kenneth presentou un espectáculo de ilusionismo e maxia na biblioteca coa participación de nais e pais no que todos quedamos abraiados.
Onte Martes 15 de outubro, deleitounos a compañía BANDULLO AZUL con contos narrados por unha invitada moi especial chamada Filipa acompañada de Fran Campos, quen ao ritmo da súa guitarra, fixo participar á rapazada con xogos de memoria cantados. Un éxito de participación e diversion.




Onte pasamos unha mañá do máis divertida escoitando os contos de Animar-t da man de Xiada, que coa súa preciosa voz fixo as delicias dos pequenos e pequenas de Tordoia. Ademais, encantáronnos os seus monicreques e o acompañamento musical.
O pasado xoves 10 de outubro visitounos Patricia, de Eduvía, que marabillou á cativada. Non sabiamos cantas sensacións podemos acadar con obxectos tan sinxelos!


O venres 11 de outubro pasamos unha tarde estupenda con Iria, deseñadora gráfica, que nos aprendeu a crear a portada do libro que quereriamos ler.

Para a rapazada máis nova, Fani trouxo á Biblioteca municipal de Arnoia a actividade “Debuxando un conto”, na que participaron tanto os máis pequenos coma algún profe do CEIP San Salvador de Arnoia.
Unha actividade moi entretida e da que todas e todos desfrutamos

Un grupo de nenas e nenos do CEIP San Salvador de Arnoia viñeron á biblioteca municipal a pasar unha estupenda xornada coa actividade “Atrévete a facer o teu propio libro”, acompañados de profesores do centro e levada a cabo por Fani Padullés.
As persoas que participaron quedaron moi contentas, pasóuselles moi rápido o tempo polo entretidas e metidas na actividade que estiveron.

A Compañía Garabullo escenificou a historia de Pirula e o Misterio das abellas nun fin de semana moi doce neste concello, onde Ler Conta Moito escolleu a temática das abellas coincidindo coa 37ª edición da Feira do Mel no Valadouro. Ademais dos monicreques comandados por Helder o público
infantil puido aproveitar un divertido obradoiro de chapas de imanes.
O evento de maxia na biblioteca “Dóra Vázquez” foi unha tarde chea de encanto e asombro, tanto para os máis pequenos como para os adultos. O mago Charly Braun cativou a todos coa súa destreza e humor, creando un ambiente de ilusión que atrapou a atención do público de todas as idades. Nenos e nenas viviron momentos máxicos, pero as persoas adultas tamén se deixaron levar polo espectáculo, gozando dunha actuación que uniu a toda a familia nunha experiencia memorable.
Sen dúbida, unha tarde que será lembrada con alegría polas persoas asistentes.

O sábado 12 de outubro veunos visitar Trécola Producións coa obra “Historia dunha gaivota” , unha tarde de familia onde o tema da solidaridade, a importancia de apoiar e protexer ao máis débil, ao divertido e interesante que é descubrir outras formas de pensar e vivir e, ao pracer que se sinte cando axudamos a outras persoas a superar os retos.

Grazas por este día especial TRÉCOLA !!!


Séguenos