O son das palabras
O venres 11 de outubro as nenas e os nenos pasárono en grande con Narci Rodríguez e o seu obradoiro de beatbox.
Aprenderon a musicalidade das palabras e a maxia dos sons.
Moitas grazas.
O venres 11 de outubro as nenas e os nenos pasárono en grande con Narci Rodríguez e o seu obradoiro de beatbox.
Aprenderon a musicalidade das palabras e a maxia dos sons.
Moitas grazas.
o pasado venres 11 de outubro Alba Farto estivo con nos para ensinarnos lettering con unha metodoloxia práctica, dinámica e amena.
A actividade gustou moito entre o público asistente, que grazas a implicación e bo facer de Alba Farto sai da activided coñecendo as tecnicas de lettering

O venres 11 tivemos unha tarde máxica co mago Javier Muro, quen nos trouxo as súas LETRAS MÁXICAS , un espectáculo de maxia moi divertido.
Unha tarde chea de risas na que nenos e nenas estiveron máis que dispostos e encantados de axudar no desenvolvemento dos trucos.



Na B.P.M. Mª José Trincado (Mera) tivemos unha tarde che de maxia coa visita de Leo Leíño na sesión Maxia tola e lectora.
Este espectáculo de teatro infantil combina a maxia, o humor e a narrativa, creando un ambiente único que fomenta o amor pola lectura e a imaxinación. Leo e a súa axudante Cris levan ás nenas e nenos a un mundo cheo de sorpresas mediante as súas habilidades máxicas e o seu agudo sentido do humor convidando ao público a participar nas súas aventuras.
Nano visitou os pequenos da gardería de Val do Dubra, donde pasamos un anaco moi divertido, xa que Nano celebraba o seu aniversario, tiña candeas, globos, torta…. so faltaban os amigos.
Foi moi ameno e entretido, os cativos pasárono xenial.


Na mañá de hoxe 14 de outubro o Mago Paco fixo as delicias de nenos e maiores coa actuación que levou a cabo no Salón de Actos do Centro Cívico.
O pasado venres 11 de Outubro arrincamos a nova edición de “Outono de Contos” un programa municipal de carácter anual que ten como obxectivo acercar a todos, e especialmente ós máis pequenos, ó hábito da lectura, dun xeito entretido e dinámico.
Este ano inauguramos ca actuación de Cris de Caldas, que, da man da bibliotecaria que más sabe de contos Candelaria a “estrafalaria”, recomendounos a selección de contos infantís máis abraiantes que están ó noso alcance nas bibliotecas e librerías,
Cris acompañounos a través de diversos contos e libros, ensinándonos que entre as páxinas dos libros, grandes ou pequenos, pódese viaxar, soñar e imaxinar, ó tempo que aprendemos sobre o mundo que nos rodea e sobre nos mesmos.

O venres 11 de outubro Diego García presentounos o seu libro Os Nosos Bosques no cal se recolle a flora e a fauna que nos rodea. Cantas cousas aprendemos!



Séguenos