Onde viven os monstros de Carmen Domech na Biblioteca Municipal de Lalín!
Tarde chea de diversión da man de Carmen Domech que nos presentou a Max, o maior monstro de todos!!
Tarde chea de diversión da man de Carmen Domech que nos presentou a Max, o maior monstro de todos!!


Hoxe, na biblioteca María Pita de Cambre enchimos a alma cos contos de Dani Blanco na que os protagonistas dos seus relatos non paraban de encher o bandullo.

Hoxe á mañá a cativada máis cativa de Mondariz-Balneario desfrutou ao máximo coa contada de Batucado e Emusín, que nos presentou o conto “Unha tarde especial con Dori” cheo de aventuras, música e moito lucerío. A Dori pasáronlle moitas cousas pola cabeza para celebrar o aniversario da avoa, e todas elas fixeron que o noso público máis pequerrecho non perdese detalle da historia e pasara un rato ben divertido.

Unha mañá diferente para un público moi esixente!!!
Dani Blancoj trouxo o circo á biblioteca de Ourol. Diversión e risas aseguradas. Pasamos unha tarde marabillosa e moi divertida.
Onte tivemos o obradoiro de “lettering” con Alba Farto; neste curso aprendimos as primeiras técnicas para o debuxo artístico de letras. Foi unha actividade moi interesante e Alba unha gran profesional.
O martes, 24 de setembro, tivemos na biblioteca de Oleiros a Brais das Hortas que trouxo unha maleta chea de contos cos que, máis que tremer de medo, morremos coa risa.
O público desfrutou moitísimo nesta sesión de contos, música e sobre todo moito moito humor. Ata apareceu pola biblioteca a mesmísima Santa Compaña cantando un trap !!!

A tarde do venres 20 de setembro pasamos un rato divertido co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa, que coas súas divertidas bromas fixeron rir a nenos e grandes. Para rematar o espectáculo os nenos e
nenas asistentes fixeron unhas boísimas brochetas de frutas con chocolate!
O pasado sábado 21 de setembro pola tarde celebrouse o obradoiro “Con ciencia de muller” na nosa biblioteca. Unha monitora, caracterizada como científica, presentou de forma lúdica algunhas das científicas galegas máis destacadas, dando exemplos dos seus logros nos seus respectivos campos e amosándoas como referentes para as xeracións presentes e futuras, promovendo así a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes na área científica e tecnolóxica. Estas presentacións intercaláronse con experimentos sorprendentes, buscando fomentar o interese pola ciencia, especialmente entre as nenas. 



O pasado venres 20 de setembro, chegou á nosa biblio Raquel, de Árbore Azul, que nos aprendeu varias asanas de ioga mentres liamos A árbore da escola, e ata nos regalou uns marcapáxinas con sementes de flores!

O pasado xoves 19 de setembro, pequechas e pequechos de Cambre pasárono de marabilla con Paula, de Trémola Teatro, que nos trouxo Leo e a música, unha nova aventura de Leo. As nais e pais tamén se animaron a bailar na festa final!


Séguenos