Este pasado venres, 18 de outubro na Casa da Cultura tivemos a honra de acoller a gran mago Charly Braun, sorprendeu cos seus imposibles trucos a grandes e pequenos e busco sempre a participación dun público entregado á maxia e ao divertido espectáculo no noso Salón de Actos.
Carballo con Botas, a través da figura dun avó zapateiro, contounos moitas historias coas que os cativos desfrutaron da tarde.
Zapatiños de cartón e a carta dos bosques achega unha sesión de contacontos do máis entretida.

Carballo con botas visitounos a pasada semana na biblioteca de Dumbría.
Entretidísimo contacontos que, xunto co aliciente de poder montar na ciclobiblioteca do Carballo con Botas, fixo as delicias de todos os asistentes.
Recomendable!

Esta mañá gozamos dos contos e cancións, acompañadas de acordeón, do rato Fuco, que nos presentou ao caracol namorado e á ra Lola.


O pasado 18 de outubro tivo lugar na BPM de Láncara a actividade “Circo na biblioteca” na que Dani Blanco representou diveros números de malabares con pelotas, libros, equilibros, clown e no que o público asistente estivo moi participativo e disfrutou coa actividade.

Obradoiro de aprendizaxe de técnicas para a creación dun libro pop up con contido referido á biografía de varias científicas galegas. Impartido Por Sheila García.


Iria Pinheiro viu o venres 18 de outubro a Axencia de Lectura de Domaio cunha festa de contos. A vaca que puxo un ovo, A sopa verde e Queda sitio na vasoria? foron as divertidas historias que nos contou Iria.

O sábado 19 de outubro gozamos dunha sesión inesquecible de Contacontos sensorial na biblioteca! 🧸✨ Bebés e as súas familias mergulláronse nunha experiencia chea de emocións a través de palabras doces, cancións suaves e obxectos que estimularon os sentidos. Cada sorriso e cada mirada curiosa fixeron desta mañá un momento máxico de aprendizaxe compartida. 🎶👶
Grazas a todas as familias que nos acompañaron e fixeron desta actividade un éxito! Non podemos esperar para vivir máis momentos así con vós! 💖📚


Levántate Xan!
E así fixemos todas e todos o domingo pola mañá para escoitar a historia de Xan da man de Caxoto. A cativada máis pequena das casas da Laracha acudiu con incertidume pero con ganas a escoitar estas historias. Fixemos unha viaxe moi bonita, polas nosas emocións, por un universo novo de maxia e descubrimentos.
Grazas Caxoto por compartir a maxia das túas historias nas noas veciñas e veciños máis novos, pasámolo xenial!

Non podiamos imaxinar mellor inauguración do outono e do Samaín que coas historias de medo de Paula Carballeira!
Sapos, bruxas, curuxas, nenas valentes e peixiños namorados foron algúns dos personaxes que nos acompañaron na Biblioteca Municipal de Paiosaco. A capacidade de Paula de facer á cativada e ás familias partícipes é única. Rimos, pasamos medo e sobre todo emocionámonos grazas a estes contos tan singulares.
Que continúe o outono e que chege xa o Samaín!



Séguenos