UNHA VIAXE POLAS ESTACIÓNS
Hoxe tivemos unha nova sesión dos obradoiros da biblioteca. Aquí podemos apreciar as novas promesas artísticas do noso concello.
Hoxe tivemos unha nova sesión dos obradoiros da biblioteca. Aquí podemos apreciar as novas promesas artísticas do noso concello.
O pasado día 10 de xullo Montse Rivera achegaou aos nenos e as nenas á musica, bailes e xogos tradicionais das culturas galega e portuguesa. Buscaba un antídoto contra o tedio que ás veces nos derrota, proporemos bailes e xogos que non han deixar indiferente ós/ás participantes deste movido obradoiro.

Cóntoche un baile Irixoa

A Maga Fani, acompañada en iluminación e son polo Mago Martín Camiña fixeron nas inmediacións da Biblioteca Municipal de Ribadumia as delicias dos asistentes coa súa maxia.
Sorrisos, admiración, …, nenos e maiores quedaron estupefactos ante os trucos de maga.
Todos quedaron impresionados!


Os nenos e nenas do Concello de Carballedo que participan no Campamento de Verán aprenderon moitas cousas das mulleres escritoras que Sabela Losada lles presentou nesta divertida e a vez educativa actividade.



Este xoves día 11 os nenos de Vilasantar estiveron moi atentos os Contos de Magos de Marisa Irimia
Na tarde de onte, estivemos co Mago da Boina, Daniela Ares, no Centro Sociocultural de Caión. Como o tempo non acompañaba tivemos un montón de cativada desfrutando do espectáculo.
Foi realmente inspirador atopar nos libros a maxia que nos conecta e que abraza a nosa diversidade para facernos parte dunha mesma cousa. Grazas a Dani pola súa dedicación, seguro que nos volveremos atopar!

O pasado día 9 de xullo tivo lugar na Biblioteca Municipal de Ponteareas un obradoiro de chapas de igualdade. Neste evento os nenos e nenas recibiron na primeira media hora unha pequena charla sobe a igualdade de xenero. Despois ca axuda de lapices de cores fixeron varias chapas cada participante. Este obradoiro realizaouse nun ambiente de ledicia e alegría. Neste taller os cativos aprenderon sobre a igualdade e o respeto.


Hoxe 10 de xullo, Anxo de Viravolta Titeres, enseñoulles na biblioteca de Vilasantar, os nenos do Campus de deporte e ocio Álex Bergantiños, unha maneira divertida de cambiar o conto e facer os seus propios titeres.





Séguenos