A MAXIA DA BIBLIOTECA
Actividade interxeracional de animación á lectura




O venres, día 4 de outubro, nos visitou Cé Orquestra Pantasma e desfrutamos da súa música e cancións.

Foi unha tarde moi divertida na que nenas e nenos menores de 4 anos , e tamén os pais e nais que os acompañaron, cantaron, xogaron, bailaron e incluso tocaron instrumentos artesanais cos que axudaron a Cé a facer a súa música. Fermosa experiencia musical da que todas e todos saímos cun sonriso.

Na Biblioteca de Mera tivemos a visita de Raquel Crespo cá sesión Quiriquií!, que mestura narración con elementos lúdicos, creando unha experiencia interactiva e dinámica. Os seus relatos foron moi divertidos e cheos de esperanza, sobre a importancia de encontrar a nosa propia voz.
Coa súa paixón por contar historias, Raquel non só entretén, senón que tamén educa, convertendo a sesión nun momento memorable e cheo de alegría.
Este sábado, día 5 de outubro, 18 rapazas e rapaces de Bertamiráns aprenderon a facer o seu primeiro cómic e empregaron os recursos da linguaxe do cómic facendo a sua própia páxina de BD. Un éxito!
O gran contador de contos Caxoto visitounos o pasado sábado, 5 de outubro de 2024, e relatounos os seus contos , cantigas e xogos para celebrar con todos nós os 20 anos dalgúns dos seus maiores éxitos centrándose na parte máis musical para facer un espectáculo participativo e cheo de historias e cantos.
Unha tarde leda e en familia!!!
Grazas Caxoto, ata outra.

O venres 4 de outubro pasaron pola nosa biblio María José e José, de Peixesapop. Nais e rapazada fixeron preciosas libretas cosidas con fío, decoradas con flores… Un marabilloso obradoiro, moi recomendable!

O pasado xoves recibimos na biblio a Anxo Moure coa súa ciclobiblioteca. Pasámolo en grande coas súas historias ecoloxistas, e mesmo tivemos a ocasión de pedalear un pouquiño!

O pasado sábado 5 de outubro A BPM de Narón encheuse de alegría e música coa celebración dunha actividade moi especial. Caxoto Contacontos, que leva dúas décadas percorrendo as bibliotecas de Galicia cos seus espectáculos, trouxo á nosa biblioteca unha selección dos seus “Grandes éxitos 2004-2024”.
Foi un evento participativo e festivo, no que non faltaron as cantigas tradicionais, os xogos musicados e os bailes, que fixeron desfrutar tanto aos máis pequenos e pequenas como ás súas familias. A biblioteca viviu unha mañá inesquecible, chea de sorrisos e ledicia, como en cada visita de Caxoto.

O pasado venres 4 de outubro acollemos na BPM de Narón o interesantísimo obradoiro Aprende a facer un podcast no que todas as persoas participantes aprenderon os segredos desta potente ferramenta de comunicación.
A actividade deu tanto de si que ao rematar todas as persoas participantes xa tiñan gravados os seus primeiros episodios con temas tan diversos como a música a actualidade musical e a música antiga), os fenómenos paranormais, os recursos para tempos de crise, as habilidades sociais, a Programación Neurolingüística, a literatura e mesmo un podcast sobre este propio obradoiro de podcast!

O martes día 1 de outubro comezamos as actividades de contacontos con Soraya Lema coa que desfrutamos os contos “Aitana e a avoa e outros contos violetas”. Son un compendio de libros e álbums ilustrados que axudan a visibilizar os vínculos amorosos que forxamos dende pequenos ou rompen estereotipos con princesas que soltan peidos.
Foi unha sesión moi participativa e amena.



Séguenos