“O caracol namorado” de Trinketrinke Teatro visita a B.P.M. Xosemaría Pérez Parallé de Fene




Continuando cas actividades programadas neste outono, onte 3 de outubro, contamos ca narradora Raquel Crespo.
Foi todo un éxito pola importante participación que conseguiu dos máis pequenos de Lorbé.
Gracias a súa expresividade e interpretación todos os asistentes divertíronse moito dende o primeiro momento,
inculcando neles de forma moi lucrativa ó hábito á lectura a través da maxia dos contos.
O 24 DE SETEMBRO TIVEMOS NA BIBLIOTECA DE CASTRO DE REI A MANUEL SOLLA QUE NOS TROUXO UN CONTACONTOS MOI DIVERTIDO, ACOMPAÑADO DE MÚSICA, BONECOS E MAXIA.
O MÉRCORES 2 DE OUTUBRO MARTÍN CAMIÑA PRESENTOU O SEU ESPECTÁCULO DE MAXIA ” ENLEADA DE ENREDOS” NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI.
NENOS E MAIORES DIVERTÍMONOS MOITÍSIMO.
Hoxe, a Biblioteca do Barqueiro-Mañón acolleu a visita do CEIP Francisco López Estrada para disfrutar da actividade “Con ciencia de muller” impartida por Patricia da Eduvía Xestión Cultural.
Unha mañá divertidísima na que aprendimos moito sobre igualdade, mulleres científicas galegas e experimentos. Non quedou ninguén sin facer o seu.




Que ben o pasamos onte con “A orixe”! Foi unha contada moi divertida, e tamén moi participativa, xa que cantamos, bailamos e até houbo persoas que se prestaron voluntarias para axudaren á Raquel na representación!

O pasado venres 27 visitou a B.P.M. de Sarria a Compañía de María Rodríguez coa súa adaptación do libro de Michael Ende, “O dragón e a bolboreta”.

Este marabilloso contacontos serviunos para achegar un clásico os nenos e nenas de Sarria, ¡Pasando unha tarde en familia desfrutando do teatro!
Compañía Garabullo na Biblioteca de Cenlle.

Cómic na Biblioteca de Cenlle
Helder transmitiu a súa pasión polo debuxo a través da creación de distintas personaxes animadas coñecidas pol@s participantes.
Esta tarde, a biblioteca foi o escenario dunha animación musical a cargo de Betty Queiro, con cancións en inglés para nenos e nenas de entre 4 e 11 anos. Tamén asistiron algúns pais e nais que gozaron xunto aos máis pequenos. A actividade, que durou aproximadamente unha hora, foi un espazo de diversión e aprendizaxe para todos. A música permitiu que tanto nenas, nenos, como as súas familias, vivisen unha experiencia entretida e educativa. Foi unha xornada festeira da que gozaron todos os asistentes.



A maga Fani coa súa actuación UNHAS MAXIAS REBULDEIRAS, agasallounos cunha tarde moi divertida e convidou as nenas e nenos a participar como axudantes por un día nos seus trucos de maxia con panos, cordas, papeis, moita imaxinación e fantasía.



Séguenos