Que contan as árbores?…No Vicedo
Unha actividade moi interesante hoxe no Vicedo onde os nenos e nenas aprenderon moito sobre a natureza e os contos a través de Helga Méndez. Concienciación medioambiental moi necesaria para todas as idades.

Unha actividade moi interesante hoxe no Vicedo onde os nenos e nenas aprenderon moito sobre a natureza e os contos a través de Helga Méndez. Concienciación medioambiental moi necesaria para todas as idades.



Día 2 de outubro con Marta Ortiz, pasamos unha tarde moi divertida e amena. Tivemos contos, música, baile, cancións, adiviñas e trabalinguas. Máxima motivación cos contos en lingua de signos.
Dori é unha rapaza que está preparando unha festa de cumpreanos para a súa avoa. Precisará da axuda de todos e todas as asistentes para organizala. Xuntos/as fixeron un debuxo dunha torta, incharon globos, prepararon unha canción con baile incluído e xogaron con pompas de xabón. A festa da avoa quedou máis que asegurada!!
Unha xornada totalmente lúdica e divertida grazas á simpatía de Dori de Batucado y Emusín.




Betty, acompañada por Carmen ao piano, cantou promovendo a participación do público. Utilizou o inglés e o galego para potenciar as actividades en grupo valorando o feito de que cada persoa é diferente.
Para rematar, as crianzas fixeron un debuxo colectivo.

Foi a actividade mais bonita de tódalas que levamos feito¡¡¡
Non atopo palabras para describir o que vivemos con Patricia bebes e maiores, todos descalzos, descubrindo sons, cheiros, sensacións…..utilizando cousas simples como instrumentos, millo, plumas, cancions…….. tan entretida que ninguen se queria marchar¡¡

Espectacular maneira de utilizar os contos para presentar os seus axudantes, instrumentos musicais, monicreques, maxia, etc……. que atrapan a atención dos pequenos, participando das e nas historias¡¡
Dani Blanco tróuxonos o seu espectáculo á biblioteca. Desde o primeiro momento captou a atención dos máis pequenos e dos seus pais.
Os diferentes números circenses en simbioses con diferentes ritmos, se intercalaron á perfección coa historia do gato tragón.
O resultado foi, que tanto nenos como maiores, fóronse a casa satisfeitos.
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía, visitou a A.L.M. de Coirós; durante o recital poético, fixo participar á xente en diferentes conversacións.
Destacar a súa naturalidade e proximidade co público asistente.
Cu-cú, Tas-tás é un trasniño que quere facer as cousas ben e non confundir grande con pequeno, enriba-abaixo, lonxe.cerca, etc. A súa familia e amigos ensínanlle a aprender.
Pasámolo moi ben coa Asociación “Barriga Verde” e o seu espectáculo de teatrillo.

O martes, 1 de outubro, “Xogando nas nubes” ensinounos a facer o noso propio libriño interactivo. As nenas e os nenos desfrutaron creando cabazas, arañas e moitas terroríficas cousas máis que emerxían do papel.
Pasámolo fenomenal !!!



Séguenos