Diagnosticando a igualdade
Este venres estivo na nosa Biblio un excepcional contador, Caxoto. Fixo un ameno diagnóstico da igualdade co que tanto os nen@s coma os maiores disfrutaron e aprenderon.
Moitas grazas.
Este venres estivo na nosa Biblio un excepcional contador, Caxoto. Fixo un ameno diagnóstico da igualdade co que tanto os nen@s coma os maiores disfrutaron e aprenderon.
Moitas grazas.
O día 27 de setembro pasamos unha tarde espectacular coa actuación de Anxo Avelino cos contos de Zapatiños de cartón,(avó do Carballo con botas). Grande e importantísima aprendizaxe cultural contra o cambio climático.

O mestre gaiteiro Xavier Blanco da Fundación Legar encheu a biblioteca de Moaña de música. Xavier musicou poemas de diferentes épocas, dende literatura de cordel, pasando por autores como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneira, María Mariño, Luisa Villalta e Bernardino Graña entre outros. Estas obras foron musicadas por unha ampla variedade de instrumentos da música de raíz recollidos e creados pola Fundación Legar. Algúns dos instrumentos que se utilizaron foron: Berrona, Caramela, Choquen, Vara de Sabugueiro, Pita e Armónica, Cordeira, Gaitela, Cántaro, Zoadeira.


O martes, 8 de outubro, desfrutamos con Antón Ke e Tania Solla admirando e participando dun conto ilustrado e poemas musicados ao ukelele sobre a obra “A gaita galega” de Xoan Manuel Pintos. Ademais de pasalo moi ben esta actividade fíxonos reflexionar sobre a importancia do entendemento e o uso da nosa lingua.

A asistencia empezaba tímida pero a xente, sobre todo pais con nenos e nenas foi fluindo ata conformar unha marabillosa asistencia de máis de cincoenta persoas. E mereceu moita a pena porque Paula, perdón Irene foinos contando o aburrido que era o xornal que lia o seu avó no parque ata que atopou a reveladora existencia da sección de anuncios por palabras. A nena probou moitas profesións, maga, pintora..ata escritora con un conto interactivo e participado polos nenos presentes…risas, emocións e gañas de ler contos e aburridos xornais…
Este luns 7 de Outubro a nosa biblioteca acolleu un creativo e entretido obradoiro de libros pop up da man de Xogando nas nubes. Con papel, cola e tesoiras as nenas e nenos participantes divirtíronse aprendendo diferentes técnicas para poder crear cadanseu libro en 3D inspirándose na festa do Samaín.

Hoxe divertímonos moito con Mirari de Babaluva Títeres.
Sardiñas, rodaballos, caranguexos, peixes abisais e polbos transformáronse en personaxes para contarnos historias fascinantes do mar. Con estes personaxes Mirari representou o conto de Italo Calvino ” O peixe luminoso” con títeres de luva. E a fábula de ” A raposa e o caranguexo” con títeres de boca. Acompañáronse os contos con cancións populares ” O Rodaballo” e “Caranguexo”.

O 5 de novembro de 2024 María Move desenvolveu un bonito espectáculo de música e ritmo na biblioteca para bebés, UMU, e conseguiu manter a súa atención. Gustou moito

O 4 de novembro do 2024 o mago Richard realizou trucos de maxia na biblioteca e fixo participar ao público. Gustou moito a actuación.

A historia de Noa é unha contada interactiva sobre a igualdade de xénero e a reafirmación persoal, que invita á rapazada a mirarse ao espello e entender mellor os seus sentimentos.
A actividade estivo dirixida a 74 nenas e nenos de de Primaria de 2 colexios , promovendo valores de empatía e igualdade dende unha idade temperá.
Os amigos de Noa non comparten os seus xogos, e iso faina sentir diferente. Pero a súa avoa ten un segredo especial: tod@s levamos un monstro dentro que, se o afrontamos, pode converterse no noso mellor amigo.
Unha sesión moi dinámica e entretida, con xogos de linguaxe, mímica, música que nos fixo gozar dunha historia sobre a igualdade de xénero, a través da mirada da nena protagonista …
Coma sempre, XENIAL! e moi recomendable.


Séguenos