Atrévete a facer o teu propio conto…na BPM do Saviñao
Día 23 de outubro de 2023 ás 11:00, biblioteca de Escairón
Celebramos a Semana das Bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
Atrévete a facer o teu propio conto
da man de Estefanía Padullés
o 23 de outubro, ás 11:00 na biblioteca
Co alumnado da ESO do colexio de Escairón, logo dunha breve presentación sobre quen escribe ou ilustra un libro, pasamos a ver uns exemplos do traballo de Estefanía.

Despois vimos unha pequena mostra variada de libros de banda deseñada de distintas épocas, temáticas e estilos e como se asemellan a unha película.

Soubemos por que uns mangas están en branco e negro, e outros en cor.

Vimos como se recrea o movemento nun debuxo, ou como un debuxo insinúa cousas só porque é máis grande ca outro nunha páxina de banda deseñada. Vimos diferentes perspectivas e outros truquiños de ilustración.

Seguindo as directrices da autora, e coa introdución A noite caera sobre as ruínas,… unha noite fría e chuviosa. Achegábase a tormenta empezamos a planificar e deseñar a nosa primeira páxina de banda deseñada.

Só cunha folla en branco e un lapis, descubrimos múltiples escenarios ruinosos.


Acabou facéndosenos curto, pero cando teñamos rematadas as nosas páxinas, poderemos expoñelas na biblioteca!
Ademais coñecemos algúns dos materiais da sección de banda deseñada que temos na biblioteca, e que se pode consultar no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia [consulta aquí os libros da Comicteca] e tamén os libros de Estefanía Padullés.







Este luns 8 de agosto tivemos na biblioteca municipal Sagrada Familia o pracer de contar co ilusrador Xosé Tomás que impartiu o Obradoiro de banda deseñada Coñécete a través dos cuadriños








Séguenos