“O CONTO DE BARRIGA VERDE” con FRAN REI de Culturactiva en BiblioPazos
O pasado Venres 19 de Setembro tivemos con nós a FRAN REI de CULTURACTIVA que nos trouxo “O CONTO DE BARRIGA VERDE” de Manuel María, un espectáculo co que quixemos conmemorar a chegada do Equinoccio de Outono e o inicio do Curso Escolar 2025/2026.
FRAN REI presentou este novo espectáculo unipersoal no que mestura narración oral, humor e maxia: “O conto de Barriga Verde”, escrito por Avelino González. a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela) pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen lle dedicaron o Día das Letras Galegas no ano 2016.
Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno demostrarán ao mesmo tempo que nada é máis forte que o amor verdadeiro.
Asistiron a esta actividade os escolares de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e de Infantil da EEI “A Galeriña” de Nespereira.
Aquí vos deixamos unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos…







































Séguenos