“Polo Correo do Vento” na Biblioteca de Portonovo
O martes 2 de outubro tivemos a primeira das actividades que a Biblioteca de Portonovo ofrecerá aos seus usuarios dentro do programa Ler Conta Moito para celebrar o mes das Bibliotecas, e que levaba por título “Mª Victoria Moreno, unha historia de amor”.
Foi unha sesión moi divertida e amena, xa que ademais de coñecer un pouco máis sobre a vida de Mª Victoria Moreno (homenaxeada nas Letras Galegas este ano 2018), puidemos aprender a facer unha caricatura da autora, e todos pequenos e grandes conseguímolo
Daquela os máis pequenos colorearon os debuxos que Carlos fixera durante a sesión. E para que vexades o artistas que son, deixámosvos as fotos.
Por suposto dar as grazas a Pin e Mau por compartir esa tarde connosco.
Séguenos