“As peripecias de Xurxo” , un espectáculo de títeres e clown para celebrar o Día das Bibliotecas





O pasado venres 19 arrincou a programación de animación á lectura de Ler Conta Moito na rede de bibliotecas de Cambre.


A compañía de monicreques Galitoons ofreceunos un entretido e creativo obradoiro de construción de monicreques de calcetín. Nenas e adultos aprenderon xuntos a crear simpáticos títeres partindo de calcetíns, pelotas de ping pong, fieltro, escuma, goma EVA e fíos de la. Despois da confección dos monicreques, Chisco, que dirixiu o obradoiro, ensinoulles a manipular as personaxes que cada participante creou. Incluso, todas xuntas, títeres e “titiriteiras” cantaron unha canción.
Seguro que agora nas casas a creatividade continúa con historias que representarán os monicreques creados na Biblioteca de Carral.


O pasado sábado gozamos dunha deliciosa tarde de teatro en familia co espectáculo Xeado de Lúa, de Títeres Cachirulo. Internámonos nun misterioso bosque e vivimos aventuras fascinantes cos animaliños que alí habitan: o rato, o esquío, o macaco, os paxariños, a serpe… Que ben o pasamos!

O martes 8 de Outubro na BPM Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) tivemos a oportunidade de gozar da arte das marionetas co espectáculo Unha armadura con ferruxe de Garabato de Xogos. Unha historia diferente de cabaleiros, damas, dragóns e magos, que engaiolou tanto aos adultos coma aos nenos asistentes.




Manuel Solla, de Expresión Producións, voltou á Biblioteca Ánxel Casal, a contar os seus contos, pero tamén a celebrar o Día Internaciónal do Libro Infantil, o sábado 2 de abril deste ano 2016.

Manuel leunos a mensaxe en forma de historia que a escritora brasileira Luciana Sandroni escribiu para conmemorar esta data, xunto coa ilustración de Ziraldo.

Manuel veu cargado de libros, bonecos e monicreques para representar a todos os personaxes que andan polos contos e as historias narradas.

Foi unha mañá moi divertida na que construímos outra biblioteca dentro da nosa biblioteca.
Máis información sobre este evento clicando aquí
O titiricleteiro chega á Biblioteca Ánxel Casal da man de Carballo con botas, co seu triciclo alemán cargado cun teatro de títeres e os seus monicreques feitos por cooperativas do comercio xusto de Bangladesh, India, Guatemala…

A través dos contos ímonos ao mundo da solidariedade na procura de outras culturas nunha aposta pola tolerancia, a paz e a xustiza social.



Séguenos