“Contos de aquí para ti” , un espectáculo de narración oral e monicreques para dar a benvida ao verán en Brión




A biblioteca Xela Arias de Chapela festexou o Día do Libro co contacontos “A biblioteca que viaxaba no tempo”, da man de Olga Abad. Un conto onde a biblioteca e a maxia dos libros traen a ledicia a todos os lugares.
Cativos e cativas de 1 a 4 anos gozaron da actividade acompañados das súas familias.
+ INFO NA NOSA WEBLOG: https://bibliotecas.redondela.gal/bibliotecas-maxicas-en-chapela-polo-dia-do-libro

Na Biblioteca Municipal de Lugo celebramos o Día da biblioteca con Olga Abad, de Intres Teatro, e a historia de “Maruxiña e a busca da palabra no tempo”.

Unha historia na que a súa protagonista emprende unha longa viaxe para atopar a biblioteca máis antiga do mundo e que os nenos e nenos seguiron con moito interese.

Celebramos un obradoiro de creatividade con Olga Abad, no que ademáis a narración oral estivo moi presente.

Pais e nais, xunto con Olga e todos colaborando para dar a coñecer ás novas xeracións a máis antiga narración oral galega.

Para nenos e nenas de 4 a 8 anos. Con iste obradoiro rematamos as nosas actividades do programa Ler Conta Moito

Para máis información sobre este evento, clicar aquí.
Día 6 de maio de 2016 ás 18:30, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o mes das Letras Galegas, e animar a participación no Certame Letras Galegas 2016 [que este ano se titula “Canta bichería!”], presentamos unha nova actividade:
da man de Olga Abad
o 6 de maio, ás 18:30 na sala infantil
Co obradoiro de sombras chinescas “As nosas historias”, o que se buscou foi fomentar a creatividade, a escoita, e coñecer historias da nosa tradición oral. Ademais levamos para a casa, de recordo, as personaxes para que lle contemos a quen queiramos o conto no que se baseou o obradoiro: O galo Quirico (dispoñible na biblioteca para ler a casa).

O obradoiro, a cargo de Olga Abad serviu, ademais de para mellorar e liberar a nosa imaxinación e a destreza na creación das personaxes, para animarnos a participar no Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2016.
Tal foi o éxito da actividade, que ante a petición popular á voz de porfi, porfi decidimos seguir facendo sombras chinescas na biblioteca: o venres seguinte tivemos un obradoiro para elaborar máis personaxes, e o seguinte o noso propio teatro de sombras para xogar na casa.


Séguenos