21/10/2019
Día 18 de outubro de 2019 das 10 da mañá ata case a medianoite, na biblioteca de Escairón
Na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, despois do éxito acadado nas cinco edicións anteriores, volveremos adiantar o Día da Biblioteca e celebrar o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca, con actividades de moi diverso contido, nas que, empezando coas visitas escolares ó longo de toda a mañá e obradoiros, contacontos e encontros con autoras pola tarde ata rematar case a medianoite, participaron máis de 200 persoas.
Este ano acompañáronnos Antía Yáñez coa actividade Rescate na biblioteca e a narradora Sole Felloza coa sesión Bolboretas (ámbolas dúas do repertorio do programa Ler conta moito), que visitaron a Biblioteca para celebrar con nós este día tan especial.
Este foi o Programa completo:
- 10:00-14:00 Visitas guiadas con grupos escolares
- 14:00-17:00 Minivisitas guiadas para calquera persoa que acuda á biblioteca
- 17:00-18:00 Conta – obradoiro artístico con tapóns e palliñas(a partir de 5 anos)
- 18:00-18:30 Merenda infantil
- 18:30-19:30 Obradoiro – competición de buxainas (a partir de 6 anos)
- 19:30-20:30 Xogo Rescate na Biblioteca con Antía Yáñez (programa Ler conta moito) (a partir de 6 anos e público adulto acompañante)
- 20:30-21:30 Obradoiro de carteira/porta-retratos (a partir de 8 anos)
- 21:30-22:00 Cea infantil
- 22:00-22:50 Contacontos Bolboretas con Soledad Felloza (programa Ler conta moito)(público infantil, xuvenil e adulto)
- 22:50-23:50 Obradoiro de debuxo con círculos (público a partir de 10 anos, xuvenil e adulto)
- 23:50-00:00 Xogos/Karaoke – Festa de despedida
Os alumnos e alumnas da Escola Infantril participaron .
Visitáronnos estudantes de 6º de Primaria e 1º da ESO. Tiveron unha sesión práctica sobre o funcionamento do catálogo en liña, no que puideron ver como se incorpora un título novo (alumnado de 6º de Primaria) e como poden levar libros para a casa (con exemplos prácticos e reais) e que xestións poden facer por internet co seu carné de soci@s cando xa teñen un libro en préstamo (alumnado de 1º da ESO).
Tamén nos visitou a escola infantil que gozou da bebeteca despois dunha sesión de contacontos en alemán e en italiano ademais de cantar contos en galego.

Despois das visitas guiadas do mediodía, ás 17:00 empezamos coas actividades da tarde entre as que había varios obradoiros:
.

Logo da merenda, elaboramos unhas sinxelas buxainas, que nos deron moito xogo:

Resolto o xogo de pistas da escritora Antía Yáñez, a petición de alumnos e alumnas do CPI Dr. López Suárez a quen lles gustou O misterio de Portomarín despois de lelo como lectura obrigatoria fixemos unha sesión improvisada de sinatura de autrógrafos coa autora:

Despois de cear unhas deliciosas pizzas, ás 22:00 chegou a sesión de contos de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, e cos seus contos quedamos todos e todas coas bocas e as orellas moi abertas, menudas cousas que nos contou! 
Rematamos a festa case á medianoite con música e cancións e coa promesa de volver á biblioteca atopar novos misterios, aventuras e sorpresas.
Esperamos que o pasarades tremendamente e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio.
Séguenos