‘Contamaxias’ en Cambre co Mago Paco
Os nenos e nenas de Cambre achegáronse, onte, á lectura a través dos contos, os xogos e a maxia, nunha tarde familiar e divertida.
Os nenos e nenas de Cambre achegáronse, onte, á lectura a través dos contos, os xogos e a maxia, nunha tarde familiar e divertida.
Moita maxia, divertimento e animación infantil, tivemos e Valadouro, coa actuación do Mago Paco. Con un patio de butacas ateigado con pais e moitísimos neno/as na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, o Mago Paco foi desenvolvendo sorprendentes trucos e interactuando con moitos cativos que colaboraron en escea, desatando as gargalladas de todos os presentes. Unha actuación que durou hora e media e fíxose realmente corta chea de animación, música e maxia divertida.
A tarde do venres 22 de setembro tivemos na biblioteca unha sesión máxica con Pedro Bugarín.
E realmente foi unha tarde máxica e moi divertida, na que as nenas e nenos asistentes, e algunha persoa adulta, desfrutaron e participaron dos trucos de maxia con gran espectación.
O espectáculo «O conto de Barriga Verde», con Fran Rei, escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María chegou ata o Salón de Plenos adxacente á Axencia de lectura de Parada de Sil o dia 20 de xullo ás 11:30 para facer as delicias de nenos e maiores.
Fran Rei presentou o seu nuevo espectáculo unipersonal que mezcla narración oral, humor e maxia.
Os pequenos e non tan pequenos da vila acudiron a ver esta presentación con gran ilusión e moita presa por comezar.
O pasado xoves dentro do noso programa Xoves na Biblio achegouse ás Pontes David Méndez co seu espectáculo Maxia de aquí e de acolá. Como nos sucede sempre cos espectáculos de maxia volveusenos a quedar cara de absoluta sorpresa e incredulidade ao asistir aos diferentes “trucos” que nos ofreceu o mago. Un bo espectáculo para nenos e nenas, que tamén desfrutaron os adultos.
Este venres, 14 de outubro, visitou a nosa biblioteca carlos Coira (Pinconús Teatro) que viña acompañado do seu bibliotecario favorito, Don Basilio.
Foi unha sesión moi divertida na que houbo historias , papiroflexia, poesía e moita maxia. Ademais Don Basilio recomendou libros moi bos para que nenos e nenas levasen para casa.
Unha excelente maneira de celebrar anticipadamente o Día das Bibliotecas.
O Mago Teto regresou a Valadouro e de novo foi a crónica dun éxito anunciado. Sabiamos que era un dos mellores magos de Galicia e non defraudou a un público familiar, entregado a o espectáculo de Teto, A Maxia dos Contos. Coa maestria do mago, un verdadeiro showman na escea, brillante, detallista, divertido… facendo as delicias de grandes e menores, foi debullando un truco tras outro deixando coa boca aberta ao espectador: aros, cartas, botellas que se multiplican, moedas invisibles, etc. O tempo de espectáculo literalmente voou no patio de butacas culminando a visita cun longo e sonoro aplauso.
Na biblioteca Enrique Rivera Rouco das Pontes, arrancamos os nosos Xoves na Biblio da man do Mago Paco, maxia para os nenos e nenas máis pequenos. Todo un éxito para esta primeira cita. e é que o noso público infantil adora a maxia e máis cando vén da man dos contos. Moitas grazas ao Mago Paco que nos fixo pasar unha tarde tan divertida.
Séguenos