Aprendizaxe automática (Machine learning)
O Machine Learning é unha rama da Intelixencia Artificial (IA) que é capaz de crear algoritmos que poden aprender de forma automática para predicir situacións. Como xa comentamos noutras entradas é moi interesante o seu uso nas aulas xa que permite que os estudantes aprendan dunha mellor maneira, xa que o sistema analiza o seu rendemento e personaliza o contido co obxectivo de reforzar aspectos específicos de maneira individual tendendo así cara á personalización da aprendizaxe. Estariamos a falar de sistemas de análises e recomendación de melloras e itinerarios.
Nesta entrada imos centrar en analizar nunha ferramenta dixital sinxela que o docente pode empregar no seu día a día e de forma interdisciplinar para introducir a intelixencia artificial nas súas aulas, Machine learning for kids.
Dane Lane, o creador de software de IBM e promotor da plataforma Machine Learning for kids facía esta proposta para introducir aos nenos e nenas na IA:
“A mellor maneira de comprender as capacidades e implicacións da aprendizaxe automática é usar esta tecnoloxía para poder construír algo eles mesmos”
Con esta ferramenta en liña, o alumnado poderá ‘adestrar’ ao seu ordenador, podendo ensinarlle a recoñecer imaxes, números ou sons sinxelos, ou a contestar preguntas sobre un tema concreto despois dun entranamento con modelos creados por eles mesmos. Nesta páxina podea atopar moitos recursos para iniciarte e seguir aprendendo de maneira independente.
- Agrega exemplos de cousas que queres que a máquina recoñeza ou identifique automaticamente (ten que ser 20 ou máis).
- Usa os exemplos para adestrar ao teu ordenador e así aprender a recoñecer automaticamente este tipo de obxectos (textos, imaxes, debuxos ou números) .
- Crea un xogo en Scratch que use a habilidade do ordenador para recoñecelos.
Para empezar podes atopar multitude modelos xa preentrenados e logo adaptalos:
https://machinelearningforkids.co.uk/#!/pretrained#top
E tamén explorar exercicios clasificados por niveis:
https://machinelearningforkids.co.uk/#!/worksheets#top
Unha das propostas máis sinxelas e entrenar a máquina para que recoñeza diferentes animais, por exemplo, cans e michos, probáchelo xa?