
O xoves 7 de maio ás 18:00 h. Fátima Fernández fixo una sesión de contacontos utilizando libros con grandes ilustracións que traía nunha maleta, e intercalando cancións entre conto e conto . Os nenos e os pais participaron animados pola narradora con xestos e movementos e cantando as cancións.
Comezamos a “Ler Conta Moito” o sábado, 2 de maio.
Os sábados de maio son especiais para os nenos e as nenas de Riveira porque…. teñen na Biblioteca os seus contacontos favoritos.
Ás 12 da mañá, con puntualidade galaico-británica, uns 70 nenos e nenas con mamás, papás, avós e avoas deixaron os seus libros sobre as mesas no Recuncho dos libros infantís da Biblio e sentáronse para escoitar un conto incrible: A volta ao mundo en 8 máqunas, que lles contaron (e cantaron) os chicos de Polo Correo do Vento.
Mentres ían contando as incribles viaxes, pintaron máquinas voadoras, somerxibles e rodantes e para rematar todos xuntos pintamos uns preciosos murais de máquinas para dar a volta ao mundo.
Frase para ilustrar por Xosé Tomás “La mente es como un paracaídas, sólo funciona si se abre”. Einstein
Albert Einstein xa conta co seu espazo na biblioteca de Sada. Xosé Tomás foi o encargado de darlle corpo a iniciativa.
Tomando as súas palabras “Tamén decidín que o paracaídas estivese lixeiramente inclinado, por esa sensación de inestabilidade, de movemento, e de permanente desacougo, propio das mentes creativas”.
Gracias Xosé, os usuarios da biblioteca municipal agradecen que un ilustrador da tua altura forme parte desta iniciativa cultural.
O día 7 de maio fixemos un obradoiro para os nenos de 10 a 12 anos a cargo de Patricia Martínez, para celebrar o día das letras galegas e en especial o autor homenaxeado este ano, Xosé Fernando Filgueira Valverde
A través dun divertido xogo por equipos os participantes descubriron a orixe e o significado do Días das Letras Galegas. Unha actividade donde os nenos participaron e disfrutaron dunha forma moi divertida e traballaron en equipo toda a sesión.
A Axencia de Lectura Municipal de Areas tivo o espectáculo “Contiario” do artista “Os Contos de Pablísimo” narrado por Pablo Sánchez o pasado 28 de abril ás 18 horas co motivo do Día Internacional do Libro.
Un espectáculo completo e cheo de diversión que engaiolou a pequenos e adultos dende o minuto cero e fixo espertar a curiosidade polos libros. Contos máis raros, interesantes e exóticos do mundo! Contos que empezaron ó revés, contos con varios finais, contos de nunca rematar, uns máis curtos outros máis longos, contos con letras A E I O U, contos con animais, trabalinguas que provocaron risas entre o público, fábulas, cantares de cegos, contos-cancións acompañados por instrumentos musicais e orixinais e coa participación dos nenos.






Raquel Galavís contou e cantou para os nenos e nenas do Vicedo unha serie de contos moi divertidos acompañados de proxección de ilustracións e pola música do guitarrista Juan. A sala de exposicións estivo ateigada por mais de 50 nenos e nenas de todas as idades e tamén nos acompañaron moitos pais e nais. Graciñas a todos por asistir e participar

O pasado 25 de abril para celebrar o Día do Libro cos máis pequenos, Pablo Díaz ofreceunos unha sesión de música e contos para bebés.
Os nenos e nenas e tamén os pais gozaron da música de Pablo e das súas historias.



Santy Gutiérrez ofreceunos un obradoiro moi completo e interesante, onde vai intercalando teoría e práctica en perfecta combinación: imaxes en power point, debuxo na pizarra e práctica en papel.
Ao longo de toda a sesión vai desenvolvendo con exemplos prácticos a linguaxe do cómic: liñas cinéticas, onomatopeias, os diferentes tipos de bocadillos, os distintos planos e cando se debe empregar cada un…
Unha das prácticas consistiu en poñer texto a unha secuencia de imaxes, ata compoñer a historia. Outra, en poñer imaxes e texto nunha páxina previamente dividida en viñetas.
Ao remate da actividade cada alumno logra realizar a súa propia páxina de cómic.
Dirixido ao alumnado de 3º de ESO do IES Afonso X, dentro do noso programa ABRILUSTRADO.
A compañía TRINKETRINKE representou a súa obra Non máis guerras na biblioteca de Tordoia. O rato Cami e a súa compañeira Lili deixaron abraiados a máis de 70 nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos.
A Biblioteca Pública Municipal celebrou o Dia do Libro cun contacontos para nenos da man da compañía Pavís Pavós. Ao finalizar recibiron como agasallo un libro e caramelos. Estas son as fotos


Séguenos