Contoche un Traxe na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas

Montse Rivera na biblioteca de Ponte Caldelas
Montse Rivera na biblioteca de Ponte Caldelas
Na tarde do mercores tivemos na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas o contacontos Conto Express no que Ranpunzel e Grettel Chanetti chegaron en bicicleta a biblioteca con contos express e precisaronn da colaboración dos nenos e nenas de Ponte Caldelas para axudar a Camilo Comilón a cociñar os alimentos que lle dan os seus amigos e prepararán saborosas receitas. Os rapaces disfrutaron coa activudade. E de sobremesa, suxestivos petiscos doces, tirados do libro Contos silenciosos.
O luns 24 de agosto as 10.30h realizouse un obradoiro dentro do programa “Ler conta moito” na Biblioteca Municipal Sagrada Familia de A Coruña, impartido por Manel Cráneo. Os 15 nenos que participaron con idades comprendidas entre os 6 e 10 anos, deseñaron personaxes que posteriormente trasladaron a chapiñas que levaron consigo para a casa.
Alén diso tamén puideron comprender a Saga de Pichük e todos os personaxes do Planeta Mincha de mans do propio autor: escoitaron a narración dunha das obras, ollaron os borradores das ilustración e visualizaron o tráiler dos futuros debuxos animados etc.
O Luns 24 de agosto as 19.00h recibimos a visita de Raquel Queizás na Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas facendo desfrutar aos asistentes que lembrarán esas lendas e historias que escoitaron arredor do mundo.
Os nenos de Cordeiro, Valga, con Minia Regos e durante catro sesións, realizaron un obradoiro onde afondaron nas súas capacidades creativas, dende diferentes actividades relacionadas coa creación da imaxe en movemento a partir da imaxe fixa (coa técnica Stop Motion). Conectamos aos nenos co mundo do cinema, da fotografía, a literatura e as artes plásticas.
A actividade comenzou ca busca, na biblioteca, de libros de contos nos que basear as películas, que foron realizadas con debuxos e plastilina.
Este mes na Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil da Coruña indagamos sobre isto co conto de Selma, de Jutta Bauer, ao que lle demos vida en stop-motion nun obradoiro de LerContaMoito grazas a Illa Bufarda e ás súas integrantes, Sabela e Adriana.
Os rapaces e rapazas que asistiron puideron crear os personaxes un a un, as súas voces, e tódolos escenarios do conto para mostrar que é a felicidade para Selma, que podedes ver na montaxe final.
E para vós, que é a felicidade?
Os nenos de Valga, da man de Xulio Varela, se internaron en Internet e a través dunhas pistas e dun mapa que Xulio lles deu conseguiron encontrar o tesouro.
Divertido xogo de pistas que promove a aprendizaxe a través de internet dunha forma lúdica e segura.
A Biblioteca Municipal Forum Metropolitano acolleu un taller de iniciación ao Manga este xoves 20 de Agosto ás 11:30 h. Esta actividade forma parte do programa de dinamización lectora da Rede de Bibliotecas de Galicia, Ler conta moito. Estaba dirixida a mozos/as a partir dos 9 anos e impartiuno o estudo especializado en manga “Cerditos de Guinea”.
Traballamos nos pasos básicos e conceptos principais do manga e nas técnicas e materiais usados polos profesionais xaponeses.
Séguenos