Máis de 20 nenos e nenas e 16 adultos nos reunimos na nosa pequena biblioteca para desfrutar dos contos ao revés de Xanela Ocio. Unha tarde chea de historias nas que os lobos son bos e as nenas valentes protagonistas.
Moi recomendable para fomentar a igualdade.
O venres 25 de setembro volvemos contar con Raquel Galavís.
O seu espectáculo cantacontos levou a uns 170 rapaces o mundo máxico dos contos e da música.
Os rapaces participaron activamente.
O venres 25 de setembro estivo con nós na Biblioteca Municipal de Ordes, Manuel Solla, co seu repertorio de contos titulado “Conto contigo”. Unha vez máis “Tardes de Contos e Lendas” contou coa colaboración entusiasta do público infantil e adulto.


Divertidos xogos de maxia, cunha boa posta en escena, fixeron disfrutar a todos os asistentes desta actividade na Biblioteca de San Pedro de Nós en Oleiros
Participación entusiasta por parte do público tanto infantil como adulto que se rendiu aos trucos de maxia de Chrystian Magic . Espectación, risas e grandes sorpresas foron os protagonistas dunha calurosa e máxica tarde na biblioteca.

Este luns, días 28 de setembro, na Biblioteca pública municipal “Mª José Ruso” de Dorneda, Concello de Oleiros, tivemos a gran sorte de porder contar con Maumarela que nos deleitaron co seu obradoiro Crea Fósiles de Dinosaurios.
Cubríronse todas as prazas e máis que tiveramos, os nenos e nenas aprenderon o que era un fósil e como podían eles facer un. De feito todos saíron co seu fósil e levaron tamén outro a medio facer que terán que rematar na súa casa nuns días, despois de que lles explicaran como e cando facelo.
Todo un éxito, Maumarela.


O venres 25 de setembro, Títeres Cachirulo representou “O Libro da Selva”. Durante unha hora, os monicreques deron vida aos personaxes da obra orixinal de R. Kipling, creando situacións moi divertidas e animadas con música.
Na tarde do sábado 26 de setembro Ana Hermida contoulles os rapaces de Carballedo diferentes contos sobre igualdade, a través dos cales trasmitio diferentes valores a traves dunha perspectiva dinámicca e lúdica.
María fíxonos viaxar ao ritmo da súa voz por Líbano, Xordania e Territorios Palestinos, facéndonos coñecer os seus costumes, tradicións, cancións e
as súas narracións.


Séguenos