Un león, un rato, un sapoconcho, un elefante, unha mosca… Centos de animais poboaron as historias, os poemas, as adiviñas e as cancións. Animais, feras,bestas, bechocos e demais bechos, grandes e pequenos, perigosos ou inofensivos, astutos ou inxenuos, foron os protagonistas desta sesión de contos e poemas cos que conmemoramos o Día do Libro Infantil
A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Corcubión, situada na Casa da Cultura, acolleu a actividade de animación á lectura : “Contando en feminino”, da Asociación Lisístrata. Coa contadora Ana Hermida.
Celebrando así con pequenos e maiores, o “Dia da Muller”, dentro dos actos organizados por este Concello e coa colaboración da Xunta de Galicia co programa “Ler Conta Moito” para as bibliotecas municipais.
A actividade realizouse o dia 19 de Marzo. E durou aproximadamente 1 hora. O público asistente disfrutou moito cos contos relacionados coa Muller e Igualdade; e ademáis participou activamente desta actividade.
De 12:00 a 13:15 aprox.
Aquí podedes ver algunhas fotos deste dia….
Este martes día 29 de marzo, para celebrar o Día do Teatro, tivemos o pracer de contar con Trinketrinke Teatro e o seu espectáculo “Riciños de ouro e os tres osos”, un conto clásico que nunca pasa de moda.
Cheo absoluto nunha actividade con historias, música e xogos!
O luns 28 de marzo na Biblioteca de Noia estivo con nos o grupo Triatreros representado a obra “ Comechíns”, Alba contou e interpretou maxistralmente historias e contos, ao principio a xente miuda estaba un poco tímida pero de xeito máxico e fugaz escomenzaron a participar e a divertirse. Moitas grazas Alba.
O pasado luns 28 de marzo visitounos na B.P.M. El Viejo Pancho o grupo de teatro Migallas co seu espectáculo “Camiño de Historias”. Grazas á axuda das nenas e nenos que viñeron á biblioteca, Hermelinda e Maximino foron quen de ordenar as letras esparexidas das tres palabras que definen a felicidade: PAN (o bandullo cheo), RISA (que nunca falte a alegría) e SISO (sentidiño para vivir no mundo). Estas palabras atopábanse escondidas en tres contos a través dos que percorremos o mundo desde Brasil ata Macau pasando por Angola. Debuxos, transparencias e pregos foron nesta ocasión o medio utilizado para mergullarnos unha vez máis no mundo da fantasía da man de Migallas, onde as cancións e a lingua comparten protagonismo con historias que atrapan a nenas, nenos e maiores.
Gran éxito da obra Libros en-cantados de Magin Blanco na Biblioteca municipal do Concello da Veiga
Para celebralo Día da Auga, recibimos na ALM de Os Tilos (Teo) o espectáculo da compañía BocAberta, Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica
No día do seu aniversario, Carmiña Miudiña inicia unha fantástica viaxe. Carmiña é unha pinga de auga pequerrechiña, moi miudiña, de cor azul pero cun sorriso moi grande. Vive nunha nube gris alá no alto do ceo, nunha casiña en forma de botella de auga con toda a súa familia. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. E é por iso polo que, no día do seu aniversario, a súa avoa lle agasalla un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos e poder facer fantásticos experimentos. No camiño, diferentes elementos da naturaleza fan que a nosa Carmiña Miudiña percorra o ciclo da auga. Como apoio do espectáculo, fixemos un centro de interese con obras relativas ó ciclo da auga. Tivo moi boa aceptación entre o público e a artista soubo adaptarse moi ben á idade dos nenos e das nenas que asistiron
O xoves día 17 de Marzo, ás 11:00 horas na Sala de Lectura de Bibliopazos, conmemoramos o Día da Narración Oral (20 de Marzo), o Día da Poesía (21 de Marzo), e o Día Internacional do Teatro (27 de Marzo) co espectáculo de narración oral e dinamización con música, teatro e danza “CANTACONTOS” da actriz, presentadora de televisión e contacontos Raquel Galavís que nos fixo pasar un rato moi especial.
Estiveron acompañándonos a nosa amiga Patri Pa e os rapaces de 5º de Primaria do CPI Curros Enríquez de Pazos cos seus profesores Manuel e Uxía.
Esta actividade incluída no programa LER CONTA MOITO 2016 de BiblioPazos.
Aquí van unhas imaxes para que vexades o ben que o pasamos.
O día 19 celebrouse na Biblioteca de Sarria a actividade “Bibliocanta”, achegándose ó cancioneiro tradicional galego para xogar os nenos e así non esquecelo os pais.
Séguenos