“Teatro marionestas Trécola” representou a obra As tres reinas magas en Pantón.
Co gaio do Día do Libro e dentro do programa Ler Conta Moito, a biblioteca pública de Pantón programou a representación “AS TRES REINA MAGAS a cargo de ” Teatro
Co gaio do Día do Libro e dentro do programa Ler Conta Moito, a biblioteca pública de Pantón programou a representación “AS TRES REINA MAGAS a cargo de ” Teatro



Para iniciar o obradoiro Guitián e Leandro lanzan a pregunta de que é o humor gráfico. Despois dunha breve introducción, fan un percorrido pola obra e as principias características dos grandes humoristas gráficos, aquele que podemos considerar “clásicos”: Castelao, Charles Addams, con quen diferencian o humor negro do humor absurdo, Chumy Chúmez ou Forges.
Centrándose en Forges, destacan que para facer humor gráfico no é necesario debuxar ben, pois o que interesa é a idea, que debe prevalecer sempre sobre a forma.
Continúan o percorrido con Quino, considerado un dos mellares humoristas gráficos do século XX. Destacan asimesmo a Ann Telnaes, muller e Premio Pullitzer como humorista gráfica, Saúl Steinberg, as viñetas de denuncia social de El Roto, as da retranca de Xaquín Marín.
Así chegamos ao humor máis contemporáneo de Banksy, a páxina web de “cinismo ilustrado”, o humor negro de Joán Cornellá ou o máis amable de Liniers.
Ata chegar ao humor gráfico con e a través do móbil, o que está na rede, os “memes” e “trollfaces”.
O meme é unha imaxe recurrente con distintas frases. Funciona por acumulación e ten sentido por acumulación.
O obradoiro remata cunha parte práctica. Os participantes realizan humor gráfico servíndose dos seus propios móbiles, constrúen montaxes fotográficas con moito sentido do humor.
Actividade cunha valoración excelente polos participantes.
En resumo, un obradoiro que resulta moi interesante e atractivo para realizar coa mocidade.
Espectáculo de maxia e de animación á lectura inspirado no libro “Érase una vez Don Quijote” de Miguel de Cervantes co motivo do cuarto centenario do pasamento de Cervantes a cargo do mago Chrystian Magic.





O pasado venres 15 de abril puidemos gozar na Baña da VI Maratón de contacontos e co Obradoiro de marionetas de papel de Viravolta títeres na Casa da cultura.
Pequenos e pequenas, acompañados/as das súas familias descubriron o que a imaxinación pode facer, xunto cunha dose de boa interpretación para que os contos estén cheos de vida.
Achegamos a papiroflexia a menores e familias. A imaxinación flúe acompañada duns folios de cores, pegamento e unhas tesoiras para que puideran crear a súa propia marioneta de cores.
Foi unha tarde na que estivemos rodeados/as de cultura, xogo e aprendizaxe.

O sábado 23 de abril ás 12 horas a Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel celebrou o Día do Libro co contacontos teatral de Trinketrinke Teatro “O coelliño branco”. A actividade conxugou teatro, contacontos, maxia…, resultou moi entretida e divertida, e captou en todo momento a atención de cativos e maiores.
O pasado sábado 23 de abril, no Concello de Ourol celebramos o día do libro cun verdadeiro espectáculo de maxia e humor.
A través do programa “Ler Conta Moito” da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración coas bibliotecas municipais, a maga Leo Leíño visitou o noso concello e fíxonos pasar unha maña moi divertida e amena. A actividade estaba destinada para nenos/as a partir de 3 anos e ás familias; os nenos/as que acudiron puideron ser por un día os axudantes desta simpática maga. Nós estamos desexando que volva polo concello pois foi unha actividade valorada moi positivamente por todos os asistentes.
A Biblioteca Municipal de O Valadouro celebrou o dia do libro o día 22 de abril cun obradoiro denominado “a obra de Castelao en teatro de sombras” orientado para nenos e nenas entre 10 e 12 anos e realizado por A Xanela do Maxín. En dito obradoiro, os nenos aprenderon técnicas e formas para realizar unha pequena obra teatral con elementos sinxelos e básicos como cartón, papel cebola e a xogar coa luz para crear as sombras.





яндекс
Este luns-25 de abril- a Biblioteca Pública Municipal, recibiu a visita de MAGIN BLANCO con “Libros en-cantados”, actividade programada para celebrar o “Día do Libro”. Participaron 21 alumnos de 1º curso de primaria do colexio Manuel Respino e 48 do colexio Pablo VI-Fátima, con idades que van dos 3 ata os 8 anos. Os nenos pasaron unha mañá entretida e musical na compaña de MAGIN BLANCO. Unha hora de historias, cancións e diversión na que os pequenos cantaron e acompañaron os ritmos das cancións máis coñecidas deste artista. Todo isto baixo a atenta mirada de Manuel María, Alicia, Quijote e Sancho, que conformaban o decorado da actividade.

@s nenos e nenas do CEIP Xosé Luis Taboada de Carballedo deixaron voar a súa imaxinación por medio dos contos que Pavís Pavós lles relataron na Biblioteca.
Onte a tarde celebrouse na BPM de Viana do Bolo un divertido e creativo Obradoiro de marionetas de papel para nenos e nenas de 6 a 12 anos.



Séguenos