Na Axencia de Lectura Fundación Ferama celebramos o día do libro coa Titiricleta
A TITIRICLETA do TITIRICLETEIRO máis divertido chegou o mércores día 20 de abril á Axencia de Lectura Fundación Ferama para festexar o Día Internacional do Libro. Pilotada por un grupo de monicreques solidarios chegados de Bangladesh, a India, Guatemala… levounos a tódalas nenas e nenos de viaxe a mundos fantásticos, na procura da paz.

Anxo Moure fíxonos rir e soñar tanto aos máis cativos como aos máis maiores que se acercaron a celebrar connosco un día tan importante nas Letras.








PAPI E MAMI representaron Fantasía coas palabras. Música co abecedario o venres 22 de abril ás 19 h. na Casa da Cultura de Pontedeume.










![20160422_190327[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/04/20160422_1903271-300x180.jpg)
![20160422_182801[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/04/20160422_1828011-300x180.jpg)





Séguenos