21/04/2016


Guitián e Leandro comezan co interrogante de que é o humor gráfico para deseguido facer un percorrido pola obra e as principias características dos grandes humoristas gráficos: Castelao, Charles Addams, con quen diferencian o humor negro do humor absurdo, Chumy Chúmez ou Forges.
Resaltan en todo momento que para facer humor gráfico no é necesario debuxar ben, pois o que interesa é a idea, que debe prevalecer sempre sobre a forma. Moi importante para un creador é saber mirar.
Continúan o percorrido con Quino, Ann Telnaes, Saúl Steinberg, as viñetas de denuncia social de El Roto, as da retranca de Xaquín Marín, o humor irónico ou cinismo ilustrado de Banksy, o humor negro de Joán Cornellá ou o máis amable de Liniers.
Así, ata chegar ao humor gráfico con e a través do móbil, o que está na rede, os “memes” e “trollfaces”.
O meme é unha imaxe recurrente con distintas frases. Funciona por acumulación e ten sentido por acumulación.
Neste punto sinalan unhas interesantes diferencias entre o chiste gráfico e o meme.
O obradoiro remata cunha parte práctica. Cada participante ha de crear frases inxeniosas a diferentes imaxes, e como punto final realizan montaxes fotográficas cos móviles.
Actividade cunha valoración excelente polos participantes.
En resumo, un obradoiro que resulta moi interesante e atractivo para realizar coa mocidade.
Séguenos