BIBLIOCANTA 22 de abril BIBLIOTECA DE CERVO

Onte, na Biblioteca Fórum Metropolitano da Coruña, grandes e pequenos desfrutaron da poesía a través das interpretacións musicais do cantautor galego Manoele de Felisa. Durante a actividade musicalizou textos de obras como Cantarolas, de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, e Canta a lúa coas estrelas, con poemas de Rosalía Morlán aos que el mesmo lles puxera música no CD que acompaña o libro.

A actividade estaba incluída no Ciclo temático “De acordes“, a mostra bibliográfica relacionada coa música que temos na Biblioteca Fórum ata o 30 de xuño.
O 24 de abril, para celebrar o Día do Libro, viñeron a Biblioteca Pública os alumnos de 3º e 4º de E.S.O. do C.P.I. de Pontecesures. Actividade de Zentangle con Elisabet Hillerud. Debuxos de sombras, relevo e diferentes planos. Patróns que transmiten tranquilidade e concentración e combinan arte, expresión creativa e conexión interna. Disminuir a actividade mental para gozar do momento presente.

O día 3 de abril para celebrar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, viñeron a Biblioteca os nenos/as da Escola Infantil Municipal e os alumnos/as de 1º de E. Infantil do C.P.I. de Pontecesures. A actividade, pagada integramente polo Concello foi Contos pequeniños, con Cristina Vázquez Santos. Un achegamento a riqueza da oralidade. Contos e cantos de sempre que se xuntan con outros de agora.

O 22 de marzo, 33 alumnos de 6º de E. Primaria do C.P.I. de Pontecesures, disfrutaron moito da actividade de Efervesciencia. Coñeceron a biotecnoloxía cotía das nosas casas, extraeron o ADN dos chícharos e resolveron un pequeno misterio.
O sábado día 3, ás 12.00 h, a biblioteca de Caldas arrecendía a historias marabillosamente contadas por Fátima Fernández. Unhas eran doces e outras salgadas pero en conxunto rimos, cantamos, tivemos algo de medo e moita emoción.
Máis de vinte rapaces e moitas nais e pais, gozaron dos contos e das rimas.


Fátima Fernández buscou e atopou colaboradores moi especiais.
Foi unha verdadeira sesión de contos para familias na que todos, grandes e pequenos, o pasamos moi ben.
O 2 de xuño ás 18.00 horas, a Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa tivo o pracer de contar coa presenza de Choupiña e Trasnón, dous trasnos do bosque máxico que viñeron a contar ós nenos e nenas máis pequenos historias que tiñan como bases os sentidos.

Unha actividade para os máis pequenos da casa na que participaron cos seus pais e nais e coa quedaron encantados. Unha actividade que fomenta a interacción e a expresión corporal dos máis pequenos e pequenas.
Celebrando a Semana das Letras, o 15 de maio ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa, e dentro do Programa “Ler Conta Moito”, tivo lugar o “Gran Xogo das Letras Galegas”, onde os participantes xogaron e coñeceron algo máis sobre a orixe e significación das Letras Galegas e os autores homenaxeados, sobre todo de Carlos Casares.

Pais, nais, nenos e nenas disfrutaron xogando na Biblioteca e no seu exterior.
O pasado 28 de abril ás 18.00 h visitou a Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa os nosos amigos Filipa e Fran que amenizados con música nos ofreceron unha viaxe polos contos tradicionais e o repertorio infantil de Carlos Casares.

Unha tarde moi divertida e amena onde os pequenos e pequenas disfrutaron moito na compaña de Filipa e Fran.
Grazas á coloboración co programa de animación á lectura nas bibliotecas “Ler conta moito”, o mércores 31 de maio fixemos Un paseo pola música negra da man de Black Galicia: Iria Mejuto á voz e Richi Rozas á guitarra, na Biblioteca Municipal Os Rosales. Con este concerto didáctico puxemos fin á nosa particular Primavera Literaria 2017 e dedicámosllo ás nosas lectoras dos clubs de lectura Café con libros, como remate deste curso 2016-2017.
A posta en escena e a voz de Iria Mejuto resultou unha agradabilísima sorpresa para as nosas usuarias, que pensan repetir experiencia alá onde toquen tantas e tantas músicas marabillosas. Todos os libros que se presentaron e do que se leron fragmentos serán dos máis prestados na Biblioteca este verán!


Séguenos