Aventuras de mamá Cabra: contos que saen dos libros
Contentos os nenos escoitaron todo o que dicia Gloria, y logo a cantar e bailar.
Contentos os nenos escoitaron todo o que dicia Gloria, y logo a cantar e bailar.
O 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca cunha estupenda actuación de Mamá Cabra, con “Contos que saen dos libros”.

Co gallo das letras galegas, visitou a Axencia de Lectura Municipal de Xinzo Chío Couto co espectáculo Bibliocanta o pasado 18 de maio.
Ao redor de 25 nenos se xuntaron nun rodo baixo a guía de Chío e a súa compañeira cantaron cancións de sempre, moitas delas as sabían as mamás e avoas que acompañaban aos nenos e ademais tamén participaban en xogos e bailes populares.


Foi unha tarde moi divertida na que os nenos ao principio estaban vergonzosos pero pouco a pouco fóronse involucrando cada vez mais.
Este venres 27 de outubro, para conmemorar o día das Bibliotecas, organizamos unha sesión de Contacontos con Maxia na AXENCIA DE LECTURA DE XINZO.


A actividade estivo a cargo do Mago Paco, co seu espectáculo DIVERMAXIA. Nesta actividade o mago lles contou varios contos que enlazaba coa máxia, deixa
ndo aos nenos participar e ser magos por un día.
Dende o primeiro momento fíxo moi boas migascos nenos, que estiveron moi participativos e involucrados no especáculo. Acudiron entre nenos e adultos 35 persoas


A tarde do venres 27 de outubro, tivemos a biblioteca Ánxel Fole de Oleiros, chea de nenas/os e as súas familias para ver o espectáculo ” Pan de Millo” de Migallas.
As cancións e a narración oral, co proceso da elaboración do pan como fío conductor, fixeron o deleite de pequenos e maiores.
Entrega absoluta e complicidade do público cos artistas.
Tarde impresionante para lembrar e repetir
Moi recomendable.
O venres, 27 de outubro, tivemos o pracer de acoller o espectáculo “O Xigante”, a cargo da compañía Elefante Elegante, na biblioteca de Mera (Oleiros).
Pequenos e maiores permaneceron atentos á historia excelentemente narrada e interpretada por Gonçalo Guerreiro e na que destacou tamén a constante presencia da música.


Ana Leira co grupo Leira Trío presentou en Laxe o seu espectáculo “Relatos en clave de Fa” o día 15 de outubro. Os nenos máis cativos escoitaron contos musicalizados e colaboraron participando da animación.

O pasado 22 de outubro Solidariedade Internacional Galicia achegoulle ós nenos de 8 a 10 anos a realidade de Guatemala. As súas xentes, a súa economía e en xeral a súa idiosincrasia. Os nenos disfrutaron con este achegamento que rematou cun conto tradicional.
Este sábado 28 de outubro, ás 17:00 hs tivo lugar un obradoiro de “DIVERMAXIA”, co que festexamos o Día da Biblioteca.
Os nenos e nenas estiveron encantados con esta actividade a cargo do Mago Infantil Paco, na que se mesturaron contos e xogos variados cheos de maxia. Prodúxose unha gran participación por conta dos participantes, interactuando en todo momento dentro dos trucos de máxia levados a cabo polo Mago.
Tratouse dunha actividade moi didáctica na que os protagonistas tiveron oportunidade de incrementar a paixón pola lectua.
Grazas o Mago Paco por esta tarde que compartimos tan máxica e chea de risas.
Moi recomendable.

Trinke Trinke rematou a súa ruta por Cambados na ALM de Vilariño, onde puideron gozar do contacontos mesturado con música e xogos.
A actividade, que resultou moi divertida, enmárcase dentro da programación adicada o Día das Bibliotecas.
Ata a próxima!!!



Séguenos