Biotecnólogos na Biblioteca de Moeche
Diversión e suspense para os alumnos de segundo e terceiro ciclo do C.E.I.P. de Moeche mentres investigaban un asasinato, utilizando nas súas pesquisas a biotecnoloxía: impresións dixitais, ADN…
Diversión e suspense para os alumnos de segundo e terceiro ciclo do C.E.I.P. de Moeche mentres investigaban un asasinato, utilizando nas súas pesquisas a biotecnoloxía: impresións dixitais, ADN…
Na Biblioteca de Dodro festexamos o Día da Biblioteca con “Mans”. Os nenos e nenas estiveron abraiados e encantados co espectáculo de Pablísimo, onde se mesturaron contos, fábulas, música xogos cas mans con sombras chinesas, monicreques e luvas.
O xoves 26 de outubro gozamos na Biblioteca Central Rialeda dun obradoiro de autoedición moi interesante no que aprendimos a realizar unha revista utilizando letras de molde fabricadas con obxectos reutilizados, goma Eva, cartolinas, tintas para estampación, rotuladores, etc…
Foi moi divertido!!!
A visita de Caxoto, e os seus Contos de medo que deixan durmir, serviu para festexar Samaín na nosa biblioteca.
Unha visión especial do medo en clave humorística. Falamos co barrendeiro do cemiterio municipal, curioseamos o que leva un enterrador no seu maletín e ata celebramos o cumpreanos do lobo.
Os nenos divertíronse moito cantando, bailando e participando nas trangalladas que Caxoto lles propuña.
Na biblioteca cheira a marmeleiro, anís e limón, arrecendos que acompañaron os contos de Marisa Irimia.
O día 24 de outubro voveu a maxia a B.M. de O Froxel “Fco. A. Vidal” de Arteixo da man de Javier Muro.
Fantasía e maxia mestúranse para facer gozar aos nenos de un intre moi agradable.
O espectáculo ten formato de contacontos pero co valor engadido de estar ilustrado con maxia, xa que, ao longo do conto vanse sucedendo efectos máxicos relacionados coa historia que se está a contar.
Onte, 25 de outubro, Trinke Trinke continuou a súa “tournée” por Cambados, e fixo unha paradiña para repostar risas e aplausos no centro cultural de Corvillón.
A súa axencia de lectura puido disfrutar de “Os ratiños da caixa”, que non defraudou a ninguén. Un día máis, continuamos coa celebración do Día das Bibliotecas en Cambados… aí van unhas fotos!
Onte 25 de outubro na ALM de Touro, celebramos o día da Biblioteca coa presencia da compañía Elefante Elegante, que nos embelosou co espectáculo “O Xigante”. Cativos e adultos pasamos un ánaco do máis entretido.
Neste obradoiro (dirixido por Electra Menéndez) as crianzas participantes, inspirándose nos ovos de conto que a galiña Rosiña ten no galiñeiro, crean un conto oral e, ao mesmo tempo, fan os personaxes cun material que ten como base a fariña.
O mércores, 25 de outubro ás 18,30hs, as gargalladas inundaron a biblioteca de Santa Cruz durante toda esta sesión . Tanto os adultos como os rapaces e rapazas non pararon de rir e aplaudir en cada historia que presentaba Pablísimo. Apoiado por un teatrillo e polas súas propias mans elaborou unha posta en escena do máis divertida, sonora e visual. Unha ra que se tragaba todo aquel monstro que se atrevía visitar a casa da súa dona. Unha cabaza tan grande que non había xeito de mover ata que acudiron unha chea de animaliños para axudar (tantos como dedos temos nas mans). Recordamos entre todos unha antiga e divertida canción e observamos como o caracol sacaba os seus cornos ao sol. Un espectáculo cheo de sensacións tras o que os asistentes levaron un sorriso para as súas casas.
Séguenos