ONDE ESTÁ O VENTO?????? NA BIBLIOTECA DO BARCO
O sábado 20 de outubro as 11, 30 h. celebramos o Día da Biblioteca coa representación de Onde está o vento?

Tódolos nenos e nenas axudamoslle a Tareixa na procura do vento.


O sábado 20 de outubro as 11, 30 h. celebramos o Día da Biblioteca coa representación de Onde está o vento?

Tódolos nenos e nenas axudamoslle a Tareixa na procura do vento.



No día da Biblioteca convidamos os mais pequenos en duas sesions para compartir “Contando en feminino” con a “Asociación Cultural Lisistrata”
Mediante contos e xogos, ensinase os nen@s a convivir en igualdade, a inventar, a soñar……….
Formativa e ilustrativa actividade para axudar a inculcar valores dende pequenos

A Biblioteca Municipal de Alfoz recibiu o venres 26 de outubro a Marisa Irimia, que nos descubriu a emocionante historia de A biblioteca secreta. Narración oral que nos achega a dureza da guerra de Siria, máis tamén a esperanza das boas accións.

Este pasado luns a Biblioteca do CEIP Xosé Luis Taboada converteuse en un restaurante onde nada é o que parece: os pratos son libros, as culleres lápices, etc…Un orixinal e divertida proposta de animación á lectura.


Bibliodiscoteca
Como motivo da celebración do día da Biblioteca(24 de Outubro), quixemos celebralo cunha festa o día 25.
Visitounos María Faltri no centro Cívico de Vite de Santiago de Compostela coa súa Bibliodiscoteca, cunha selección dos mellores temas en galego. Organizamos unha gran festa no salón de actos, onde cantamos, bailamos, nos disfrazamos con perrucas, sombreiros, pompóns,….e sobre todo con moitas ganas de pasalo ben.
Onte pola tarde, xoves 25 de outubro, disfrutamos coa función de Cecilia e a súa boneca de A Run Run

Unha tarde que encheu de sorpresas e grande expectación ao público da Biblioteca de Caión.
Onte ás 18.00 horas na Biblioteca Municipal de A Illa de Arousa, e con motivo do Día da Biblioteca e como apertura ós actos previos a Samaín, os rapaces e rapazas do municipio pasáronno de “medo” cos contos de Carmen Domenech.

Os rapaces e rapazas disfrutaron moitísimo con ela. Foi unha tarde donde os nenos e nenas xunto coa sá familia visitaron a biblioteca e rodeados de libros escoitaron as historias da Señora Antonia, unha meiga moi simpática.

Unha tarde moi aterradora!

Durante a tarde do venres 19 de outubro, a Biblioteca de Cerceda “equipouse” para conmemorar a súa festividade de bolsas e mochilas para @s seus lector@s e foron elas e eles mesmos @s que colaboraron deseñando esta “equipación” para a lectura. Así de ben traballaron




Onte, na biblioteca Monte Alto, pasamos unha tarde de fábula con David Ballesteros, da asociación científica “A ceo aberto”. Ao fío das películas e dos libros de Harry Potter, puxemos en dúbida e comprobamos co método científico as escenas máis máxicas e incribles. Ademais de divertirnos moitísimo aprendemos unha chea de cousas. Moitas grazas, David!
O pasado mércores día 24 para celebrar o Día das Bibliotecas, tivemos o contacontos A galiña dos ovos de conto na Biblioteca Municipal de Abegondo. Unha actividade creativa onde preto de 60 nenos pasaron unha tarde moi entretida e divertida. Despois de escoitar o conto da Galiña Rosiña que tiña uns ovos moi peculiares, remataron facendo un taller de plastilina onde cada neno fixo o seu personaxe para un conto.




Séguenos