26/10/2018
O pasado 28 de setembro tivemos con nos na Sala de Lectura de BiblioPazos á contadora lucense Fátima Fernández que no acompañou esta vez co seu novo espectáculo de narración oral “Os contos da nai da miña nai”. Un espectáculo de historias recollidas da nosa tradición oral e escrita, baseados en mulleres que protagonizaron a nosa historia cotiá e marcaron o noso futuro.
Contos de berce, poesía, contos das avóas… Unha pequena homenaxe a todas as avoas.
Nestas imaxes veredes como disfrutaron da sesión os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

O noso agradecemento a Fátima Fernández porque sabemos que realizou un gran esforzo para vir a contarnos estes contos nun momento moi delicado da súa vida persoal.
Unha enorme aperta de todos os teus amigos de Pazos de Borbén.
Séguenos