Mundo máxico 3.0 na Baña con Pedro Bugarín
A tarde do 30 de outubro deu moito de si. Cargada de ilusións, sorrisos, dinamización e fomento da lectura para todas as idades na biblioteca do centro social e da terceira idade.
O mago Pedro Bugarín non deixou a ninguén sen sorprender na tarde do Samaín. Completamos os libros dos animais onde cada un e cada unha elixía o seu preferido, a súa cor e o lanzaba cara o libro máxico.
Os trucos de cartas, cordas en tempos actuais nunca fallan.
Séguenos