Obradoiro de Comunicación e interpretación na lectura con SOLOVOZ na Biblioteca de Baiona
Onte a tarde comenzamos o ano con bo pé. Con Damián Alonso apredimos cousas novas e moi utiles. Disfrutamos durante dúas horas que nos soubo a pouco.
Onte a tarde comenzamos o ano con bo pé. Con Damián Alonso apredimos cousas novas e moi utiles. Disfrutamos durante dúas horas que nos soubo a pouco.
David Ballesteros, de “Ceo aberto”, deleitounos cun espectáculo científico para explicar os elementos “máxicos” empregados polo personaxe literario de Harry Potter. Pelos voadores, produción de raios, traspaso de electricidade entre os corpos, foron algúns dos experimentos que se realizaron nos que os protagonistas foron, en todo momento, os propios rapaces e rapazas.
Unha experiencia, non só educativa, senón tamén divertidísma como cando algúns dos rapaces que saíron voluntarios non eran capaces de articular as palabras no momento en que o monitor lles poñía uns auriculares especiais orixinando as gargalladas de todos e todas as asistentes.
Unha maneira moi científica para achegarnos ao mundo máxico do admiradísimo Harry Potter !!



A carteira de Augas Claras (Carmen Domech) chegou á Biblioteca Municipal de Lugo para entregar tres cartas e contar tres contos.

Os contos eran: Artur e Clementina e Rosa Caramelo, de Adela Turin, e Yo voy conmigo, de Raquel Díaz Reguera. Contos para á igualdade que contados por Carmen Domech, aínda nos gustan máis.

O Dr. Tilla contoulle aos nenos o conto de Laura que quería ser pirata, para explicarlles como acabar coa enfermidade do machismo. Os pais, nais e rapazada interactuaron e riron moito cao posta en escea que fixo Caxoto.

Onte tivemos a Olga Abad que contou aos peques o conto “O libro esquecido” con teatro de sombras, e cancións.

O día 18 de setembro, mércores, ás 18.00 h chegou Raquel Queizás a Ribeira cunha maleta chea de personaxes de conto.
Sentamos todas e todos na sala de exposicións que está ao carón da Biblioteca Pública Municipal de Ribeira, e ao saír fomos recoller os nosos libros favoritos para levar á casa. En Ribeira gústanos cambiar o sitio onde facemos os contos, porque todos os lugares son diferentes, pero son iguais porque hai contos que contar.
Somos iguais. Contos pola igualdade. Igualdade. Contos pola igualdade.
Charo Pita contou para bebés de 0 a 4 anos e para as súas familias as historias da familia Papaventos.
O día 14 de setembro, sábado, ás 12.00 h comezou a ventar e ventar no salón de actos anexo á Biblioteca Pública Municipal de Ribeira… Ventaba dentro! É que nos contos pode pasar de todo, verdade?

La Nube Teatro realizou a actividade “E ti quen es, lobo ou galiña??”actividade para empatía en valores educativos.

Hoxe mércores, 18 de setembro ás 18h, na Biblioteca Pública Municipal de Boiro estivemos con Pedro Brandariz. Pasamos unha tarde divertida e participativa na que gozaron tanto as familias comaas crianzas. Nos seus contos transmitiu valores tan importantes na sociedade coma a tolerancia, igualdade, compañeirismo…
Esperamos seguir contando ca vosa participación!
Fantástica mañá a que pasamos con Raquel Queizás!!.
Visita dos nenos e nenas de Educación á Casa da Cultura en San Sadurniño.


“Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.
Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos. Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha forma de vida fomentando o respecto pola natureza.Axudan a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións.”
Fonte: https://www.raquelqueizas.com/raposadas/?lang=es


Séguenos