Xoán Curiel canta a Antón Fraguas na Axencia de Lectura de Domaio
Este pasado venres tivemos en Domaio a Xoán Curiel co libro-disco”Canta miña pedra canta” dedicado á figura de Antonio Fraguas. Xoán cantou as cantigas do autor homenaxeado no día das Letras Galegas así como outras de creación propia que elaborou para falar da vida de Fraguas.

Foi unha tarde divertida para nen@s e maiores. Bailamos e cantamos e aprendemos moito sobre Antonio Fraguas.










O día 12 na biblioteca de Vilasantar, estiveron María Faltri e Jorge Juncal coa súa actuación de “soñando inventei” do programa de Igualdade e Violencia de Xenero. Grazas por ensinarnos o seu espectáculo




Séguenos