Biblioteca de Viveiro- IAN&ELISA
Sábado de contos e maxia mui divertido na biblioteca de Viveiro
Sábado de contos e maxia mui divertido na biblioteca de Viveiro
O ilusionista Mago Marco actuou na nosa biblioteca este venres, 27 de setembro, e sorpendeu, convenceu aos 50 asistentes cos seus trucos de maxia interactuando co público en cada un deles. Foi un espectáculo sorprendente cunha viaxe chea de soños e ilusións envoltas de misterio.
Coa galiña Carolina, á que lle encanta voar, o pasado xoves 26 de setembro, reflexionamos sobre a amizade, a igualdade e o respecto.
O pasado mércores 25 coñecemos a Carolina, unha galiña que ten as cousas claras desde pequena e ao longo do espectáculo fomos vendo como se convertía nunha galiña empoderada, defensora da amizade e da igualdade.

A aventura de Daniela Pirata, de Carla Muñiz. Piratadas na Biblioteca Pública Municipal de Nigrán.

O pasado mércores, 25 de Setembro, tivemos o pracer de desfrutar en Darbo da visita de Atenea García de Xarope Tulú coa súa obra “Estrafalaria”.
Desfrutamos dunha entretida sesión de contos nos que as súas protagonistas son considaradas estrafalarias por ser o que queren ser. O público quedou encantado coa actuación.

O xoves 26 de setembro pasou o mago Pedro Bugarín pola biblioteca de Lorbé e, co seu novo espectáculo familiar “4.0 Maxia para todxs”, fixo que todos os presentes pasáramos unha tarde realmente divertida e máxica.
Nenas e nenos estiveron encantados de participar en varios trucos, que a máis de un e unha nos deixaron coas bocas abertas. Foi unha sesión dinámica e moi divertida.

O pasado 25 de setembro estivo con nós na biblioteca de Mondariz-Balneario a maga Leo Leíño, que nos trouxo unha actividade espectacular de maxia, coa que quedamos abraiadas e abraiados. Mediante a maxia, Leo e a súa axudante Cris, explicaronlles á cativada dun xeito moi fácil de comprender, que era o bulling, a figura do maltratador e do abusón, as desigualdades entre sexos, etc. Actividade moi moi recomendable para as bibliotecas!!
Esta segunda semana visitaron o centro sociocutural do concello de Bóveda (Lugo):
Anxo Moure coa súa “Fábrica de corazóns de papel reciclado” e Sabela Cortizas coa súa proposta “Vermella”. Dous grandes contadores con actividades interactivas e educativas que fixeron as delicias das persoas que asistiron e axudaron moito nesa tarefa de educar contra a violencia de xénero e pola igualdade e a ecoloxía.



Séguenos