As bolboretas de Soledad Felloza na Biblioteca de Vilalba
Máis de 40 nenos e nenas, e outros tantos adultos disfrutamos o día 20 dos historias de Soledad Felloza. Os protagonistas foron afoutadas princesas, temibles leoas e moitas mulleres valentes. 
Máis de 40 nenos e nenas, e outros tantos adultos disfrutamos o día 20 dos historias de Soledad Felloza. Os protagonistas foron afoutadas princesas, temibles leoas e moitas mulleres valentes. 
O martes 24 visitounos a biblioteca de Covelo Raquel Queizás, acompañada de Queliña unha aventureira aviadora que lle gusta contar historias. Os nenos de primaria do colexio disfrutaron das aventuras e contos relatados por Queliña para demostrar que as nenas e nenos SOMOS IGUAIS de valentes e igual de sensibles.

Este martes, 24 de setembro, rematou o programa “Ler conta moito. Igualdade” na Biblioteca Pública Municipal de Ribeira. O traballo en ingualdade segue sempre presente nos nosos andeis e na programación de actividades, pero con estas tres accións démoslle unha visibilidade maior da cotiá.

Soledad Felloza contou, rodeada de bolboretas, os mellores contos de leoas, mulleres, nenas… con dragóns, príncipes, leóns… baixo a atenta mirada de todas as nenas e nenos que nos acompañaron.

Agardamos que Soledad pronto nos volva visitar.
O pasado sábado día 21 os usuarios da BPM de Oroso puidemos disfrutar do espectáculo de monicreques “Unha armadura con ferruxe” de Garabato de Xogos. Unha función moi divertida da que disfrutamos os rapaces e os non tan rapaces.

Javier Muro foi o encargado de impartir a actividade “Maxia pola igualdade” para os nenos de 11 anos do CPI de laxe. A maxia non é cuestión de homes nin de mulleres senon que é de persoas. Os xoguetes non teñen sexo e son aptos para tódalas persoas. Orredor de 30 rapaces disfrutaron co mago Javier Muro.
Este luns 23 de Setembro Pablo Díaz achegou aos máis pequenos da Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda os seus Cantacontos para bebés, música e contos combinados con moito tino para guiar a este público tan especial nos seus primeiros pasos no mundo dos libros.


Este martes 24 de setembro visitaron de novo a Biblioteca uns amigos moi queridos polas nenas e nenos de Ribadeo, os ratos de Lonxedetodo coa súa artista máis internacional, a gran Lilí Gruyére, e o seu amigo, o rato Fuco.
Lilí acaba de recibir un gran encargo profesional, a dirección do musical “A ratiña presumida” pero ela decide facer unha versión un pouco diferente que por suposto vai gustar moito a todo o mundo.
Na Biblioteca os agardaba o alumnado de 2º de Educación Primaria do CEIP Gregorio Sanz

O pasado sábado 21 de setembro case quince rapaces e rapazas deron renda solta a súa imaxinación grazas ao espertar do seu lado poético que veu da man de Cristina Quiroga. Unha actividade moi interesante que deu como resultados preciosos
video poemas cargados de mensaxes tolerantes.
O luns, 23 de setembro tivemos a visita do ratiño Fuco e a ratiña Lily Gruyere. Aos dous encántanlles os libros e nesta ocasión deleitáronnos coa narración dos contos Oliver Button é unha nena e A ratiña presumida que adaptaron coma unha luva para o tema da igualdade de xénero.
O espectáculo tivo unha acollida incrible por parte do público, tantos dos nenos/as coma dos maiores.
Todos/as pasárono moi ben.
Foi todo un éxito.
Moitas grazas.

Escoitaron con moitísima atención a Charo os nenos e nenas de 0 a 3 anos da Escola Infantil A Rolada.

As familias Papaventos que voan polo ceo poden ser de moitos tipos, pero se algo as caracteriza é que están cheíñas de historias e de alegría. Ademais, como viaxan moito, as familias Papaventos coñecen airexas e animais do máis estraño. Contos sobre a amizade acompañados pola voz e a guitarra de Charo Pita interpretando algunha canción do seu libro disco No país do vento.



Séguenos