O “Paroleiro” pasou por Aldán con moito conto…


mo, bulling….se queremos seguir crecendo como persoas.O sábado pasado en San Sadurniño tocou falar de igualdade, da loita polos nosos dereitos, de como poder acadar unha igualdade real, das mulleres referentes nas nosas vidas… E logo plasmar en bolsas de tea as nosas inquedanzas, pensamentos ou desexos.

O pasado venres 25 na Biblioteca Mucipal tivemos uns invitados especias “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, que nesta ocasión estaban acompañados da terrorífica Cabaza Encantada. Pasámolo en grande, co contacontos, as cancións e o orixinal obradoiro de galletas mostruosas.



A través de contos e xogos, Patricia Martinez, transmitiulles ós máis pequenos a importancia de que todos somos iguais a hora de xogar, non hai xogos, nin xoguetes de nenos nin de nenas…

A Ilustradora Estefanía Padullés amosoulle ao alumnado de Infantil e Primaria do CEIP Xosé Luis Taboada como é o proceso a través do cal se ilustra un libro.
A mañá do domingo pasado os nenos e nenas de Cervo pasaron unha mañá entretida e divertida co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa.


O 24 de outubro, seguimos co fin de potenciar a lectura celebrando o Día da Biblioteca cunha actividade orientada aos máis novos.
Manuel Solla, acompañado dos seus personaxes, levou a cabo a representación dunha segunda versión do seu espectáculo “A Maxia dos Contos”.
Nesta tarde non faltaron os xogos, as historias e a aprendizaxe, sempre interaccionando co público de xeito divertido.
Unha vez máis a Biblioteca Municipal Irmáns Camba de Vilanova de Arousa convertiuse nun espazo dinámico, cheo de nenos e nenas con ilusión por ler.



A pasada tarde do 21 de outubro a maxia invadeu Vilanova de Arousa co espectáculo de Javier Muro “Xogando coas Palabras”.
Esta vez a actividade dirixeuse a un colectivo máis amplo, comprendendo público infantil e, por outra banda, espectadores da terceira idade.
O mago entretivo a todos con diferentes trucos baseados nas ilusións ópticas e os xogos de palabras, deixando claro que a maxia non entede de xeracións.
Por cuestións de mobilidade e aforo a representación tivo que pasar da Biblioteca a outra dependencia municipal situada nas inmediacións.

O Auditorio de Salceda de Caselas tivo que acoller o gran número de nenos e nenas de Salceda que non se quixeron perder a actividade de R
aquel Queizás SOMOS IGUAIS.CONTOS POLA IGUALDADE.
Contentos saíron os nenos e nenas do auditorio e con unha experiencia nova á vez que unha boa reflexión que lles planteou Raquel Queizás porque todos somos iguais,claro que si.


Séguenos