BIBLIOTECA P. M.” VIDAL PAZOS” DE MARIN – XAN PERILLAN VAI A BIBLIOTECA-
A actividade tivo unha boa acollida dentro do público infantil, ainda que os pais disfrutaron coa misma intensidade.

A actividade tivo unha boa acollida dentro do público infantil, ainda que os pais disfrutaron coa misma intensidade.


Nun local anexo á Biblioteca por causa das precaucións sanitarias preceptivas, levouse a cabo este obradoiro de curiosos experimentos científicos que deixaron aos rapaces de 5º e 6º de Educación Primaria do Colexio, cheos de asombro e quen sabe se dunha incipiente vocación científica. Estupenda realización cargo da entidade “Ciencia en Movemento”.
O venres con Paco Nogueiras cantamos, bailamos e divertímonos co seu espectáculo no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. As alegrías, as amizades, vos libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e ou respecto á nosa lingua foron parte dá equipaxe nun camiño onde a música soa con forma de sorriso.


O 24 de outubro Día da Biblioteca, en Cerceda, na nosa Biblioteca Municipal pasamos a tarde con Títeres Cachirulo, escoitando as historias que os seus monicreques nos contaron.

O venres 23 de outubro, tivemos o ultimo contacontos na biblioteca de Paiosaco. “Aprendendo a querer ” é un espectáculo no que os nen@s aprenden a importancia de saber indentificar unha relación sá con outra persona, e deste modo saber quen nos quere ben.

O martes 20 de outubro, seguindo coas sesións de contacontos, recibimos a visita de Pavís Pavós na Biblioteca Pública Municipal de Outes. Presentáronnos o seu espectáculo Historias da Marquesa.
Chegaron coa súa maleta máxica herdada da Señora Marquesa. Cada vez que a abrían xurdían máxicas e divertidas historias que mantiveron moi atentos e entretidos a todos os nenos e nenas.
Pasámolo estupendamente!



Hoxe, 24 de outubro, celebramos o Día das bibliotecas; unha data na que queremos trasladar á cidadanía a importancia da biblioteca como lugar de encontro de lectoras/es de todas as idades coa cultura e coma instrumento de mellora da formación e convivencia.
Para conmemorar esta efeméride tan especial, a biblioteca municipal celebrou un concerto a cargo dos amigos de Música Miúda. Un recital de aproximadamente 50 min. cheo de boa música e cancións para toda a familia: “Bemol Pequeno”, “Vén bailar e cantar coa meiga Xela”, ”O dinosauro Pepón”, etc. Ler máis →
Día 23 de outubro de 2020 ás 10:00, biblioteca de Escairón
Celebramos o Día das Bibliotecas coa última actividade do programa Ler conta moito, trasladada á biblioteca escolar debido á situación que vivimos co coronavirus…
da man de Anxo Moure
o 23 de outubro, ás 10:00 na biblioteca escolar
co alumnado de 4º de Primaria do CEIP de Escairón.
Achegámonos á historia do cinema da man de Anxo Moure coa súa cinecleta:

A Anxo Moure coñecémolo hai anos coa súa titiricleta
Aprendemos moito con bandas sonoras de películas moi coñecidas do cine universal, con mímica e cancións adiviñamos personaxes coñecidísimos como Charles Chaplin ou Mary Poppins.

Viaxamos a través do cine mudo despois de coñecer a reacción das persoas que viron a primeira proxección cinematográfica que levaron o susto das súas vidas!

Tamén soubemos do cine mudo, e dos grandísimos irmáns Marx.

O máis importante é que tamén coñecemos parte da nosa historia local a través dos cines que había na vila. Incluso puidemos ver un deles por dentro, no que aínda se conserva un proxector de carburo.
Vimos proxeccións na parede, no teito, nos libros e tamén en persoas.


Foi moi divertido!
Poden atoparse no catálogo da Rede de Bibliotecas de Galicia en moitas bibliotecas libros sobre o cinema [consulta aquí os libros que hai na nosa biblioteca] e múltiples películas de distintos xéneros e épocas.
Aínda que foto é moi escura, son Pakolas e Laura. Eles fixeron as delicias das familias que asitiron a “Tí debuxas, eu c@nto”. Unha maravillosa, divertida e animada sesión mañanera de domingo con música rock, baile “sentados”, debuxos e contos. Compretamos os asentos dispoñibles e apareceron fans de toda a comarca, inclúso vestidos como Pakolas. Que mais pódovos dicir?


Séguenos