O Mago Paco no C.C. Xaime Illa de Raxó (Poio)
O venres tievemos unha visita moi especial, o Mago Paco, cunha chea de maxia para a cativada
O venres tievemos unha visita moi especial, o Mago Paco, cunha chea de maxia para a cativada

Celebróuse un obradoiro creativo que o tema foi Xela Arias (nada en Sarria). Xugándo ás cartas, os nenos pasaron un momento moi divertido e animado. Demostraron aos adultos (pais e nais) o que saben non só de Xela, tamen referente as Letras Galegas.
Victor Mosqueira e Josito Porto deleitaron ao público infantil cunha peza de teatro chea de humor e inocencia, unha posta en escea que xira en torno ao valor da amizade, o reciclaxe a hixiene e a solidaridade.



O pasado venres 10 de setembro no auditorio de Salceda de Caselas xuntáronse Ceo Aberto (David Ballesteros), a ciencia de Harry Potter e un auditorio cheo de nenos e nenas moi interesados na figura de Harry Potter.
Cando saíron do auditorio tiñan claro cal é a base científica dos contidos das novelas de Harry Potter, disfrutaron con experimentos sorprendentes e foi un pracer ver cantos nenos e nenas voluntarios temos en Salceda de Caselas.
O pasado venres 10 tivemos na Biblioteca Municipal Xabier P. Docampo (A Barcala – Cambre) a primeira sesión de Ler Conta Moito para esta tempada. As familias puideron gozar do espectáculo “Basilicamente, a marabillosa biblioteca de don Basilio”, a cargo de Pinconús Teatro.




Ese sábado, dentro do programa “Vive o Verán” dos Centros Socioculturais de Santiago de Compostela, tivo lugar a sesión de contacontos de Solidaridade Internacional de Galicia ” Contos do mundo”, a través da cal María Paz achegounos a outras culturas e realidades diferentes.



Se as leis se cumprisen estrictamente o mundo deixaría de xirar¡, a historia de amor entre un contrabandista galego e unha contrabandista portuguesa demostran que é necesario. O club de lectura
do Porriño pasou unha tarde diferente con Avelino e quedaron con ganas de máis.


O día 11/09/2021 dentro do programa “SÁBADO DE CONTOS” Os nenos e nenas de Viveiro disfrutaron moito escoitando historias de Pablísimo.

Esta tarde tivemos a representacion de O “Libro da Selva” da compañía Títeres Cachirulo na sala de Exposicions da Biblioteca Pública Municipal de Ponte Caldelas. Cativos e maiores pasaron un rato moi divertido. Un gran éxito.


Séguenos