Talía teatro representa nas Pontes Rosa Caramelo
Este xoves nas Pontes tivemos a ocasión de escoitar os marabillosos contos de Adela Turín da man de Talía teatro. As nenas e nenos puideron desfrutar de Rosa Caramelo, Unha infeliz catástrofe, A historia dos bonomos con lentes e Artur e Clementina. Contos que nos falan da igualdade entre homes e mulleres. Moitas grazas a Artur que nos fixo pasar unha tarde tan agradable