XOÁN CURIEL NA BIBLIOTECA DE CASTRO DE REI
NA BIBLIOTECA POETA CRECENTE VEGA DE CASTRO DE REI NENOS E MAIORES DISFRUTAMOS CON XOÁN CURIEL E O SEU ESPECTÁCULO
“COMO MONTAR A TÚA BANDA DE VERÁN”, UN CONTO-CONCERTO MOI DIVERTIDO,
DIDÁCTICO E PARTICIPATIVO.




Cantando os cantares é un percorrido a traves do libro Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Farémolo a través da música, cantando varios dos poemas do libro e explicando o contexto e a temática desta importante obra da literatura galega, adaptada ós máis pequenos, axudándonos para facelo de diferentes técnicas de contacontos, ilustracións etc. Veremos que os problemas e as alegrías que tiña a xente daquel entón non distan moito dos que temos hoxe en día e falaremos de como Rosalía protestou polas inxustizas por medio do seu arte, a poesía.


















Séguenos