Polo correo do vento na B.P.M. de Poio
Onte tivemos unha tarde moi animada grazas a Polo correo do vento.Deica a próxima visita…
Onte tivemos unha tarde moi animada grazas a Polo correo do vento.Deica a próxima visita…
A rapazada de Cambre recibiu este xoves 15 de setembro -ás 17:30 horas- a visita do Principiño para abrir a programación de actividades de animación á lectura deste curso que comeza.
A sesión, realizada na Biblioteca Municipal Os Templarios, consistiu nun contacontos teatralizado, a cargo de Raquel Galavís. O Principiño en Madagascar combina a narración oral coa proxección de pezas documentais que introducen a nenas e nenos na cultura malgaxe, na paisaxe e nas vicisitudes das xentes daquel país. A tenrura das súas historias logrou contaxiar a todas as persoas presentes, convidando á emoción da lectura.




Gran participación de nenos/as nesta actuación de “polo correo do vento”. Encantados pola música e recital destes artistas.


O xoves 8 de setembro de 2022, ás 19.00 h., na biblioteca do Porriño tivemos a actuación de Fran Rei coa obra “Superheroe”, un espectáculo de narración familiar á que acudiu un gran número de persoas da nosa comunidade.
Trátase dunha obra moi entretida con argumento moi peculiar. En ausencia, por motivos laborais, de Supernai, o noso Superheroe deberá salvar a humanidade de terribles ameazas, sen esquecer a conciliación. Así, deberá loitar contra perigosos axentes malignos mentres prepara as merendas, pon unha lavadora ou cambia un cueiro. E todo, no axustado tempo que lle deixa a apertada axenda de actividades extraescolares dos seus fillos. Unha desventura cómica que bebe tanto das grandes e populares producións cinematográficas de superheroes, tan de moda nos últimos anos, como da apaixonante experiencia persoal da paternidade, que pretende ser unha sentida e sincera homenaxe a todos e todas @s superheroes e superheroinas que, día a día, nos fan a vida máis doada, máis fermosa e máis feliz.



Qué ben o pasamos co xornal de Paco Nogueiras na Biblio do Carballiño! Bailamos e brincamos!
Seguimos coa programación de Ler conta Moito 2022,
o xoves 8 de setembro visitounos Títeres e conta contos Tarabelos,
co espectáculo ” O TRAXE NOVO DO REI”, un traxe especial para un rei especial,
un traxe novo e máxico, que nos fixo pasar unha tarde moi divertida, donde a cativada foi moi participativa.


O domingo 11 na biblio os nenos que asistiron a actividade de títeres cachirulo tamén tiveron gañas de probar o xeado. Espectáculo que trasmite amor polos animais con moi boa aceptación polos cativos.
Divertida, animada e moi musical, a actividade “Onde está o vento?” , de animar-t, fixo as delicias dos bebés e dos pais e nais que se achegaron ata a Biblioteca de Moeche, no seu exterior, para gozar do espectáculo nun entorno natural e un día espléndidos.
Da man de Raquel, o pasado xoves poidemos desfrutar na Casa Habanera dos contos: A partes iguais, A máscara do león, A sopa queima, Pedra , pau e palla, O galo traganoces da editora Oqo.
Un auténtico pracer!!


Bo comenzo do mes de setembro en Salceda de Caselas, con Pakolas.
Paco Cerdeira nunca defrauda e nesta ocasión tampouco.Os nenos e nenas esperaban con ledicia que Pakolas comezara a Rockear e eles a desfrutar.
Unha tarde familiar onde os nenos e nenas aprenderon case seguro da importancia de medrar e vivir en igualdade.


Séguenos