TARDES DE CONTOS E LENDAS NA BIBLIOTECA DE ORDES

O venres 21 de outubro o grupo “Duende Sico” representou “Elba e Marcos e os xoguetes encantados”. Un éxito!

O venres 21 de outubro o grupo “Duende Sico” representou “Elba e Marcos e os xoguetes encantados”. Un éxito!

Cancións de animais para nenos case normais
A celebración do día da Biblioteca, veu acompañada de Gustavo que grazas á súa guitarra e ós seus contos, fixeron que os nenos de Primaria do CEIP Avelino Díaz de Meira, pasaran unha xornada de risas e música que a desfrutaron sen dúbida algunha.
Día 25 de outubro de 2022 ás 11:30 en Escairón
Seguimos celebrando o mes das bibliotecas coa actividade do programa Ler conta moito…
da man do Mago Paco
o 25 de outubro, ás 11:30 na biblioteca
Con contos e trucos pasamos o rato co Mago Paco.
Recibimos algún susto (por eso de que estamos a poucos días do día de Samaín e había que sentir medo) e sorprendémonos cando a serpe do mago desapareceu e se trasladou. Ou cando sen agardalo o mago pegou un berro!

O susto máis grande foi cando prendeu lume no libro que dicía QUE NON SE ABRIRA BAIXO NINGÚN CONCEPTO SE ABRIRA EN PRESENZA DE NENOS E NENAS!

Pero quedamos coa boca aberta cando a baralla se ía facendo cada vez máis diminuta:

Quen sabe como fixo todos eses trucos?

Canta, Buguina, Canta!
Esta actividade foi dirixida ós nenos de infantil do CEIP Avelino Díaz de Meira para celebrar o día da Biblioteca, na que Marta Ortiz nos volveu a demostrar a súa gran capacidade de facer rir ós máis pequenos e de desfrutar do mundo das historias que lles vai contando.
Unha tarde divertida, na que ademáis de pasalo ben tamén aprendemos moito.

Onte para celebrarmos o día da Biblioteca visitounos Ton Arenas, de Mircromina Teatro, que nos ensinou a facer monicreques con caixas de zapatos e produtos reutilizados.




Para celebrar o dia da biblioteca, o luns visitounos unha ratiña que viña do pais de Lonxedetodo, aprendemos a importancia de respectar aos seres vivos e a coidar a natureza, que é esencial para o noso planeta. Pasamos unha tarde moi divertida
O pasado xoves, 20 de outubro, tivemos na Biblioteca Pública de Riotorto a actuación do Mago Deimi, espectáculo que nos deixou coa “boca aberta” pola gran variedade de trucos que fixo. Tamén cabe destacar que foi un espectáculo moi dinámico e participativo xa que sacou a moitos dos espectadores ó escenario para colaborar nos seus xogos de maxia.
As “Fantasías de Papel” de Fátima Fernández foron o colofón no Día das Bibliotecas na biblioteca de Cenlle.

As nenas e nenos do CEIP de Cenlle e as súas profes visitaron a biblioteca e gozaron das fantasías desprendidas de libros pop up. Fátima canta e dramatiza as súas historias alimentando a imaxinación de todos os asistentes.

Para celebrar o Día da Biblioteca, onte viñeron os alumnos e alumnas de 6º de E. Primaria. Tiñamos unha actividade de Solovoz, que levou a cabo Damián Alonso. Aprendemos a crear un podcast: a redactar, gravar e editar. Con técnicas de locución, teatro e dobraxe. Lectura interpretativa, modulación da voz, vocalización e locución. Actividade dinámica e sobre todo moi participativa.







Séguenos