Contamaxia


Moi ben o pasamos co Mago Paco!! É mago e non necesita palabras para movernos!!


Moi ben o pasamos co Mago Paco!! É mago e non necesita palabras para movernos!!
O día 30 de maio , celebrando as Letras Galegas, puidemos contar coa visita especial de Amadeo, quen quixo contarnos as súas fazañas.
De feito, Amadeo trouxo o galiñeiro completiño ata a biblioteca de Coiro.
Divertida sesión de contacontos onde a través da figura dun xoven galo entramos de cheo no seu galiñeiro, accompañados de reproducións de sons de animais .
Ata outra e moita sorte Amadeo!



Partindo da lectura de contos, traballouse o respecto e a atención a prestar ós sentimentos e ó corpo d@s nen@s. Participativo nun ambiente moi confortable.
NENOS E MAIORES AXUDAMOS AOS ACTORES DO GRUPO AVENTEIRA A CAMBIALO CONTO DE CARAPUCHIÑA VERMELLA.
FOI UN CONTACONTOS MOI PARTICIPATIVO E ENTRETIDO.



Tivemos a sorte de poder celebrara as Letras Galegas coa actividade “Rúa Francisco Fernández del Riego”. Foi moi divertida e os cativos disfrutaron e aprederon moito.

Utilizando sombras chinesas, monicreques, teatro de xanelas e narración oral, Pablísimo contounos dunha forma moi orixinal e renovada contos tradicionais. Nenas-os e maiores disfrutamos ca actuación deste grande dos contos.



Cotos para bebes ,nesta ocasión cos bebés do club de lectura da biblioteca .
Foi unha activide na que se traballou moito o sensorial ,traballando con música,diferentes texturas e olores,sempre coa axuda de nais e pais .Rematamos cunha festa bailando e tocando todos
No marco das actividades do Padrón Literario realizamos este obradoiro de manga para público adolescente. Nel aprenderon a historia do manga, as suas personaxes, como debuxalas…


O autor e a ilustradora de diferentes contos,narraron as súas historias acompañados pola música e coa participación do público .
Un maneira diferente e amena de presentar os seus libros o público infantil
A Biblioteca Municipal de Ponteareas acolleu a semana pasada unha actividade coa que fomentar a lectura entre os máis pequenos e pequenas dun xeito lúdico e atractivo. Ao abeiro do programa ‘Ler Conta Moito’, da Xunta de Galicia, o martes 23 de maio ás 19.00 horas Paco Nogueira chegou á biblioteca co seu espectáculo ‘Brinca vai! De aquí a acolá’ dirixido a cativada .
Trátase dun espectáculo baseado no libro-CD-DVD ‘Brinca vai!’, editado por Kalandraca Editora, no que se combinan cancións, animacións e interpretacións cos ritmos e rexistros máis divertidos. Así nenos e nenas acompañaron ao músico e actor Paco Nogueiras cos seus instrumentos e a súa querida ‘Máquina’ nunha divertidísima viaxe chea de humor, baile e cancións para cantar, rir, danzar ou simplemente escoitar coas mans e as orellas ben abertas.
Nesta viaxe, as alegrías, as amizades, os libros, a poesía, a ecoloxía, as festas do ano e o respecto pola lingua galega foron parte importante da equipaxe. Unha fantástica oportunidade de brincar e pasalo ben cos amigos e amigas nun particular camiño onde a música soa con forma de sorriso.


Séguenos