Ler contou moito no Día das Letras Galegas en Ribeira
No 17 de maio María Faltri encheu de alegría, letras galegas e cancións a praza do Concello de Ribeira. As persoas usuarias da Biblioteca Pública Municipal de Ribeira tiveron unha festa do galego e dos libros para gozar en familia.
Moitas grazas a María e Jorge Juncal pola súa magnífica sesión de “Picadiscos”.
Moitas grazas ao Obradoiro de Cociña Monte Tahume do Concello de Ribeira polo seu agasallo de “Galletas das Letras” que tanta dozura puxeron na nosa mañá do Día das Letras Galegas.

#lercontamoito
#concelloderibeira
#diadasletrasgalegas








O martes 16 de maio os nen@s do CEIP As Bizocas tiveron unha maña moi reivindicativa. O Mago Paco coa súa maxia traballou algo tan importante como a igualdade, o respecto, a tolerancia, etc…







Séguenos