A bibliotecaria estrafalaria 2.0


Moito nos gustan os contiños que nos trae Cris! Que lindo todo!!


Moito nos gustan os contiños que nos trae Cris! Que lindo todo!!
Hoxe pola tarde visitou a biblioteca municipal un ratiño chegado de Lonxedetodo que nos ensinou moitas cousas sobre os animais do bosque, ademais de amenizar a sesión con música.
Pasamos unha tarde moi divertida con contos e música.

Non foi unha tarde, senón una mañán cando Dori se achegou a Salceda de Caselas e fixo disfrutar ós máis pequeniños/as.
Onte tivemos na biblioteca unha actividade onde unha curiosa rapaza,Dori, preparaba algo especial para o aniversario da súa avoa.
Os neniños/as estaban abraiados cos contos,a música, elementos luminosos…..

Un grande descubrimento para Salceda ésta Dori.
Onte pola tarde estivo con nos, Caxoto, coa sua contada musicada, Levántate Xan!. Os bebes desfrutaron coas cancións e cos animais da granxa!
Con motivo da celebración do #DíaDoLibro, o pasado 27 de abril, ás 19:00h, a Biblioteca Pública Municipal da Rúa acolleu o espectáculo musical do rués Magín Blanco na compañía do músico Pablo Vidal.
‘Caderno de cores e cancións’, que xa conta con formato libro-disco, está dirixido ao público infantil e familiar e propón un percorrido pola creación musical e literaria das cancións.
Con este formato concerto-obradoiro e a través do xogo, os artistas interactuaron co público facendo uso da lingua galega coas melodías e a musicalidade poética das rimas.

O pasado venres recibimos a Pedras de papel. Artesanía e Patrimonio, co obradoiro Papelarte.
Partindo dos libros da nosa biblioteca, a rapazada escolleu distintos personaxes para facer unha escultura de cada un deles.
Empregando papeis reciclados, e seguindo a técnica do cartón pedra, os personaxes dos libros cobraron forma 3D.
Gustou moito.
Profesionalidade e predisposición por parte da monitora.




NENOS E MAIORES DESFRUTARON EN LOURENZÁ DUNHA ORIXINAL SESIÓN DE CONTACONTOS , CON MÚSICA
UNHA TARDE ENTRAÑABLE ONDE FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO ESTIVO PRESENTE A TRAVÉS DA PALABRA
O 28 de abril, a partir das 17.30 h, tivo lugar na Biblioteca do Grove “Paxariños” a cargo de Trinketrinke Teatro.
Vanessa, actriz condutora da actividade, ten un xardín, turelí. No xardín hai un niño, tureló. No niño hai un ovo, turelí. Espera que dese ovo enorme que nos mostra, naza un paxariño. E fai tódolos preparativos necesarios para recibilo da mellor maneira posible.
A música, os obxectos e a narración a xeito de cantarela cautivaron a atención do público asistente.


p


Séguenos