A biblioteca de Cambre recibe a descarga de Paco Nogueiras

O público familiar de Cambre puido gozar onte dunha estupenda sesión de animación á lectura no marco da programación de Ler Conta Moito.

O público familiar de Cambre puido gozar onte dunha estupenda sesión de animación á lectura no marco da programación de Ler Conta Moito.
O martes día 03 a Biblioteca de Salceda de Caselas celebrou unha actividade para cativos de 3 a 9 anos.
“A Ramona pequena vai á lúa”, da man de Pakolas, achegoulles unha proposta musical-narrativa que conta e canta a historia de Ramona pequena.
Con unha extensa participación e un público moi variado no que participaron tanto cativos/as como pais/nais e avos/avoas puidemos mergullarnos na historia dunha nena movida por constantes inquedanzase cunha mente moi esperta.




O mércores 4 de outubro visitóunos Inma Soto na Biblioteca Municipal de San Cibrao das Viñas, co seu conto ” Xela, a superheroína de aldea”. Nenos e grandes puidimos disfrutar das divertidas aventuras dunha nena de aldea. Un interesante conto sobre a nosa natureza, que pon en valor os nosos recursos e busca que as persoas miúdas queran coidar o territorio.
Cantamos cancións de Rosalía de Castro e tamén outras baseadas en autores galegos como “A galiña azul” de Casares, unha galiña que por ser distinta traia alarmadas ás autoridades da época.



Onte visitounos o Mago Paco coa actuación “Unha maxia diferente” na ALM de Corvillón, cun espectáculo reivindicativo onde a través de historias e xogos de maxia traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo.
Unha actividade moi divertida que o público aprendeu que as diferencias fannos ser únicos.

Na tarde de onte recibimos na ALM de Buxantes (Dumbría) a visita de Caxoto que, co seu espectáculo Coas mans na masa (contos de igualdade) e reformulando os contos clásicos, conseguiu meterse o público no peto.
O artista consegue que rapazada e maiores entren a formar parte do espectáculo.
Contacontos adaptable a todas as idades. Moi dinámico. Moi divertido.
Excelente actividade para a animación á lectura coa educación en valores como vehículo perfecto.


Este martes a Biblioteca Xela Arias celebrou un contacontos para cativos de 1 a 3 anos.
“Unha tarde especial con Dori”, da man de Batucado & Emusin, achegoulles a ledicia das historias próximas e a emoción dos estímulos sensoriais xoguetóns e sorprendentes.
Cancións, pompas de xabón, un globo viaxeiro… todos son elementos para xogar, contar e extasiarse.
Con esta actividade a biblioteca quere convidar aos máis pequenos das casas a achegarse aos nosos servizos, e facelos lectores (ou pre-lectores) da colección de contos e historias que temos preparadas na nosa Pequeteca.
+ INFO NO NOSO BLOG: https://bibliotecas.redondela.gal/unha-tarde-especial-cos-cativos-na-biblioteca
Rematou o megaobradoiro de globoflexia e maxia a cargo de Elisa Alfaya, que encheu de cor, música e maxia o auditorio da Casa da Cultura. Tanto nenos como adultos disfrutaron facendo figuras. A actividade tivo unha alta participación e moitísima diversión para todos.

O día 03 de outubro presentamos a BIOSBARDOS na Biblioteca de O Froxel “Fco. A. Vidal”, a cargo de Jorge López, quen nos trouxo un conto moi especial escrito polo seu fillo Martín cando tiña 13 anos de idade, titulado “Como axudo a Antón”. No conto, exponse diferentes situacións ás que se ten que enfrontar Antón, e coa axuda da rapazada escóllese cal é a maneira de actuar máis adecuada segundo cada cal. Unha actividade formativa en valores con gran participación dos asistentes

Este martes 3 de outubro veunos visitar Fran Amil á nosa biblioteca, para contarnos e cantarnos contos sobre monstros que non dan medo, un conto ao revés e a canción dos robots.
Foi unha tarde moi divertida e chea de música, na que nenas e nenos cantaron e bailaron o son das cancións.



Séguenos