DIA DO LIBRO

Onte , día do libro, recibimos na biblioteca de Monterroso á contacontos Raquel Crespo coa actividade : “Quiquiriquí”.¡Non hai mellor cousa que os contos para celebrar este día!

Onte , día do libro, recibimos na biblioteca de Monterroso á contacontos Raquel Crespo coa actividade : “Quiquiriquí”.¡Non hai mellor cousa que os contos para celebrar este día!
En Meis celebramos o Día do Libro coñecendo o que en realidade acontenceu na vila de Hamelín da man de Moc Moc Mere Clow.
Un espectáculo moi intrigante e animado, e con moi boa interacción e participación por parte do público. Unha tarde de moita risa.




OQO Editora visitou a ALM de Dumbría co actividade Coas mans na masa.
Nesta actividade, partindo do conto de Maruxa, e tendo como fío condutor a elaboración da masa do pan, traballaronse contidos relacionados coa igualdade, coas diferencias de xénero, a educación en valores e diferentes aspectos e técnicas artísticas.
Un obradoiro de manualidades do máis entretido!

Escola de dragóns, Donde Viven los Cuentos.

Contacontos na Biblioteca de Nigrán con vintetantos nenos cos seus vintetantos pais. Escenificación e conto oral.
Para conmemorar o Día do Libro tivemos con nós a Narci Rodríguez, cantante e profesor, dirixindo un obradoiro de Beatboxing.
Comezamos aprendendo algo de técnica e acabamos cun contacontos onde puñamos os efectos de son. Foi moi divertido, participativo e diferente!
Feliz Día do Libro!!





Este sábado celebramos na Biblioteca de Frades unha actuación para conmemorar o día do libro co gran mago “Roberto Lolo” e o seu espectáculo “O libro Máxico de Roberto Lolo”. Un show cargado de humor, ilusións e moita maxia, donde o público foi partícipe en todo momento. O artista demostrou unha gran capacidade de adaptación a todas as idades así como improvisación con ilusións que non deixaron indiferentes aos asistentes.
Foi un verdadeiro pracer encher a nosa biblioteca de tanta maxia donde os libros cobraron vida. Sen duda un espectáculo moi recomendable.
Inma Soto veu á Biblioteca deBeluso con “Xela, unha superheroína de aldea” a contarnos unha historia sobre os coidados que debemos ter na natureza. Un conto moi divertido, con moitas risas e cancións.
O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria
do CPI de San Sadurniño, a Biblioteca Municipal convidou a Vero Rilo a través do programa Ler Conta Moito para compartir coa rapazada a escolma oral “E a ti que che contaban…?”.
Neste espectáculo, a contadora seleccionou obras de autoría coñecida con outras tradicionais ás que lles xuntou xogos, co obxectivo de achegar ás nenas e nenos á fantasía, sabedoría e riqueza da memoria colectiva feita palabra. Contos que Rilo -unha das grandes narradoras galegas da actualidade- enriquece con pinceladas que transmiten valores como o do respecto, a igualdade, ou a corresponsabilidade.



Séguenos