Unha receita contra as burlas na Biblioteca de Narón


O 14 de setembro foi un momento máxico, coa compaña de Paula Carballeira, gañadora do Premio Nacional de Literatura Dramática 2023.
Esta foi a última actividade dentro do programa “Ler conta moito” no 2024.
Recordade que a biblioteca/OMIX continúa realizando actividades ao longo de todo o ano.
Agardámosvos para que vexades as últimas adquisicións da nosa biblioteca.
RECORDADE QUE XA ESTAMOS ABERTOS OS MARTES E XOVES POLA TARDE.

Hoxe 13 de setembro veu visitarnos Nuria Vil, e propúxonos realizar un obradoiro de escrita fotográfica. Nel, as persoas que se inscribiron, aprenderon a traballar os relatos curtos e os textos poéticos mediante o uso das fotografías de varias artistas galegas. Todo elo, a través de distintas dinámicas para que agromase a creatividade entre o público asistente.
Aquí vos deixamos unha imaxe do obradoiro, onde podedes ver aos usuarios e usuarias traballando na biblioteca.

O público quedou moi satisfeito cos resultados. Unha actividade moi recomendable para o público xuvenil e adulto.
Un espectáculo de maxia e ilusión onde a cativada foi a protagonista
Chegou a Viana do Bolo un espectáculo de monicreques que fixo as ledícias da caticada
O pasado martes, día 10, a rapazada de Oroso tivo un achegamento ao mundo da robótica da man de Átomos. Aprenderon fundamentos básicos e levaron para a casa un pequeno robot.


Unha tarde de maxia co Mago Teto en familia sempre queda na memoria como unha boa tarde, enriba quedou solleira, que máis podemos pedir para conservar un bo recordo.
Panos que cambian de cor, cartas que toman vida, cordas que danzan coma serpes, …, son algúns dos obxectos sinxelos que fan posible grandes milagres.
Dori fixo as delicias da cativada na Biblioteca Municipal de Lalín! Pasámolo xenial con esta rapaza tan curiosa!
Durante a fin de semana do 7 e 8 de setembro a Biblioteca de Betanzos organizou o primeiro FESTIBAM, unha finde chea de actividades na BAM (Biblioteca, Arquivo, Museo) Betanzos, cas actividades de Ler Conta Moito e con actividades no Museo das Mariñas co que compartimos instalacións: visitas guiadas, feira de artesáns e artistas locais, xogos, etc.
Na Biblioteca celebráronse as seguintes tres actividades por conta do programa Ler Conta Moito:
1.- Cantoconto Contocanto, de Maquinarias Teatro, orientado a maiores de 5 anos.
2.- Obradoiro de elaboración de emakis, dentro da proposta de Juste Kamishibai, para maiores de 6 anos.
3.- Obradoiro de imprenta, por 1mardecores, para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.
As tres actividades foron un éxito de público e foron moi ben valoradas.

O venres 6, tivemos a oportunidade de coñecer cómo facer un álbum infantil dende o momento de ter a idea ata o produto final. Toda unha viaxe pola maneira de ilustar, maquetar, escribir… da man das autoras da obra Monstr3s, Laura Parrula e Óscar Villán



Séguenos