RITOS E FIGURAS MITOLÓXICAS
Un obradoiro divertido e instructivo.
Unha mágoa (vai moita calor) a pouca asistencia. Parabéns para estas valentes
Un obradoiro divertido e instructivo.
Unha mágoa (vai moita calor) a pouca asistencia. Parabéns para estas valentes

Da cabeza aos pés con Charo Pita para as máis pequenas e pequenos. O 19 de xuño de 2025 na Biblioteca de Corcubión. As crianzas da Gardería puideron acudir a unha sesión de contacontos destinada para a súa idade. Descubriron moitas cousas: como se moven os animais, cantigas,…Quedaron abraiad@s!

Onte tivemos a sorte de desfrutar na biblioteca da función “Quiquiriquí!” de Raquel Crespo da man de Maite. A través dunha historia divertida sobre o galo Moncho e a súa dona Rosiña descubrimos o valor de ser “únicos” e, sobre todo, de ser sempre un mesmo. Unha obra que encheu a biblioteca de risos, tanto dos pequenos e pequenas coma das persoas adultas que gozamos dela!

O martes 24 de xuño visitounos Montse Rivera para axudarnos a coñecer e poñer an valor a figura das cantareiras dentro da realidade galega. Xunto á explicación, houbo tempo para probar a tocar e cantar coma elas o facían nas foliadas


“Sentindo emocións” é un cantacontos moi interactivo no que nenos, nenas e familias viviron as diferentes emocións a través da música. Está baseado no conto “O monstro de cores”. 


A biblioteca municipal Juana Ibarbourou tivo o placer de contar o día 22 de xuño cunha co Mago Teto.
O Mago Rafa, el sabe como combinar as ilusións e sorprender coa mensaxe sobre a importancia da lectura.
Hoxe 20 de xuño, tivemos un fin de curso moi especial na biblioteca.Un obradoiro moi creativo, Maderacos. Ata a próxima Sofia!
Na Biblioteca Pública Municipal de Sober pechamos o curso das nosas Merendas con contos voando directamente ao espazo con Trémola Teatro.
Realizamos unha viaxe fascinante pola historia das mulleres pioneiras da carreira espacial. Ademais aprendemos pasándoo xenial indo máis alá das estrelas!


Séguenos