Obradoiro de monicreques. Gemola
O pasado martes 23 de setembro fixemos o obradoiro de monicreques con Gemola. Nel, a cativada fixo a cabeza dun león con cartón e follas, e un ouricio chamado Mauricio cunha pataca e pipas. Pasárono xenial!
O pasado martes 23 de setembro fixemos o obradoiro de monicreques con Gemola. Nel, a cativada fixo a cabeza dun león con cartón e follas, e un ouricio chamado Mauricio cunha pataca e pipas. Pasárono xenial!
A Biblioteca Central María Pita de Cambre encheuse de boas vibracións co espectáculo ‘Ecoralia, a lambona ecolóxica’.

O mércores 24 de setembro na biblioteca de Santa Cruz os nenos e nenas de entre 2 e 4 anos disfrutaron do contacontos “No monte” a cargo de 1 Mar de cores.
A contadora narrou o conto “A veces el bosque”, un conto que fala da vida secreta das árbores, da súa respiración, das súas bromas e sentimentos, do paso das estacións, dos cambios de cores… O conto ía acompañado de fermosas escenas que se representaban mediante un teatro de sombras e que intensificaban o fin da actividade: a conexión coa natureza e o valor da contemplación e o asombro.

Onte viaxamos no tempo ás escolas da década de 1930 en Galicia e coñecimos a mestra “pisapouquiño” unha mestra diferente: da abrazos e non latigazos, pidelle ás nenas que veñan escola, permite e fomenta a fala en galego, ensina con fábulas, adiviñas, trabalinguas e baile! mesmo ten unha gansa para vixiar a escola e dar de xantar ovos á cativada. Unha mestra que hai 89 anos, no peor momento da nosa historia, foi defendida por unha gansa, unha presa de pícaras e pícaros e a parroquia enteira.
Con Raquel Queizás, na axencia de lectura das Somozas celebramos ao noso alumnado e profesorado que comezan (outra vez) unha nova viaxe cara a aventura do coñecemento.

O martes, 23 de setembro, tivemos o pracer de recibir en Oleiros a Dani Blanco que enfeitizou ao seu público con equilibrios imposibles, malabarismos, contos sobre gatos lambóns e sobre todo moito humor.

A Biblioteca Municipal Mª José Ruso de Dorneda (Oleiros) acolleu este luns 22 de setembro o obradoiro “Olimpiada tecnolóxica” da man do artista Robótica creativa. Os nenos e nenas participantes tiveron que deseñar a figura dun coche con pezas de Lego con motor incluido para logo facer carreiras e facer que se movera. Destacou a imaxinación dos rapaces que non se esqueceron de poñerlle adornos ós vehículos con bandeiras e bonecos. A diversión estivo asegurada.



O sábado 13 de Setembro a rapazada de Oroso disfrutou do contacontos Un universo na túa maleta, narrado pola súa autora, Ana Meilán.
O pasado xoves 18 de setembro contamos cunha excelente maga do grupo Magia en la Manga, que lles ensinou a nenos e nenas a elaborar tres diferentes trucos, dándolles ademáis moitos consellos para irse iniciando no mundo do ilusionismo.
Todos os asistentes divertíronse moito por poder practicar todo o aprendido nesta tarde tan máxica.
Que ben o pasamos hoxe luns, 22 de setembro, na Biblioteca de Barro! A actuación de Dani Blanco foi todo un éxito: malabares, equilibrios, escapismo e contos de gatos, fixeron as delicias de todos os rapaces e rapazas que viñeron ata a biblioteca de Barro a dar a benvida ao novo curso.
Ademais, repartimos as tarxetas do Reto Lector, unha actividade na que cada neno e nena poderá puntuar os libros que leve da biblioteca para crear un ranquin cos mellor valorados. Coa mostra das últimas novidades e o libros máis lidos os 75 participantes pasaron unha mañá estupenda.
Caxoto presentou na Biblioteca de Carral un fermoso conto. Levántate Xan!!! cautivou aos pequenos (de 0 a 3 anos), que gozaron dos animaliños da granxa de Xan.
Foi un fermoso inicio de curso das actividades da nosa Biblioteca.



Séguenos